Imaxe obtida en Pixabay.com
O 20 de novembro é unha data importante para a infancia, xa que se conmemora o Día Universal do Neno e da Nena. Neste 2019 cúmprense sesenta anos da Declaración Universal dos Dereitos da Infancia. Esta época da vida debería ser feliz, con xogo e apredizaxe , protección e harmonía, sen outra preocupación que medrar sans e contentos. Pero non todo é tan fácil; lonxe, a infancia ten unhas problemáticas de malnutrición, explotación, analfabetización, matrimonio infantil..... e preto, os tiros van pola sobreestimulación, falta de límites e normas, sobreproteción...... Uns por moito e outros por pouco; coma sempre!!! O que está claro é que os nosos nenos e nenas son presente e futuro e de nós depende que se preparen para a vida e a saiban enfrontar da mellor das maneiras.
No blogue de Manu Velasco,
Ayuda para Maestros, hai unha compilación moi interesante de recursos para traballar este día.
LOQUELEO de Santillana, invítavos a celebrar este acontecemento con información e lectura.
Obtido no canal de Youtube de La Cerca-Grupo de comuncación
Se queres ler as entradas doutros anos, clica
aquí.
FELIZ DÍA!!!