venres, 20 de novembro de 2020

A NENA QUE HAI EN MIN.


Imaxe obtida de Entre nubes y cuentos
Que bonito era todo cando era pequena!!!! Tiven a sorte de ter unha infancia feliz; non ateigada de tecnoloxía e cousas, cousas, cousas senón rodeada de natureza, de avós, de aldea e moito, moito amor. Seguro que vós, meus perellos, tedes a mesma sorte ca min. Esa non é a realidade de todos os nenos/as do mundo.
Por iso temos un Día Universal do Neno e da Nena que pretende garantir os seus dereitos a través da Convención que os estableceu. Intenta concienciar a todos/a de que a infancia é un colectivo vulnerable que debemos respectar e protexer. Aquí tedes os dereitos en pictogramas.
Imaxe obtida en Diainternacional.com
En Orientación Andújar podedes atopar os Dereitos fundamentais dos nenos/as segundo o gran Quino.
Na mesma páxina tamén nos ofrecen unhas fichas moi chusquiñas para aprender e divertirnos.
Na páxina de Plataforma de infancia hai materiais para traballar esta data (que é todos os días).
Na  xenial páxina de Burbullas de PT aparece un gran traballo sobre este tema. Merece a pena botarlle un ollo!!!
Non vos esquezades de visitar entradas de anos anteriores. Clicade aquí.
Para rematar, ver que vos parece esta canción de Yo soy ratón.
Obtida no canal de youtube de Yo soy ratón
FELIZ DÍA!!!

4 comentarios:

  1. ESte es un día muy especial en el que la alegría y la tristeza se dan la mano. Un abrazo inmenso y gracias por compartir todo esto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tienes mucha razón, Blanca. Te agradezco mucho tu visita y tu comentario y más siendo consciente de que mi tiempo no da para devolverte lo que tú me regalas.
      Un abrazo muy fuerte.

      Eliminar
  2. Una entrada muy completa y los pictogramas preciosos.
    Gracias por tantas cosas...
    Un besico

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a ti, Blanca, por pasarte y comentar.
      Un biquiño.

      Eliminar