luns, 30 de xuño de 2025

REMATANDO UN CURSO.

Imaxe de Alexa en Pixabay.com
Nos últimos días deste curso coñecimos aos gañadores/as do IV concurso de Carteis da Festa Cachafeiro Freixeira.  Todo o alumnado gañador deste concurso resultou ser do noso centro, concretamente da aula de 2º de Educación Primaria! 
Queremos felicitar a todos os nenos e nenas que participaron, pero especialmente aos que lograron os premios:
🥇 1º premio: Lía Sieiro Gómez
🥈 2º premio: Vera Rivas Belende
🥉 3º premio: Pablo Porto Cortizo
Parabéns a todos eles pola súa creatividade e esforzo. Os seus carteis foron unha mostra do gran talento que temos na nosa escola.
Queremos agradecer tamén a todas as familias que apoiaron e animaron aos nosos pequenos artistas. Este concurso foi unha oportunidade fantástica para que o noso alumnado expresase a súa ilusión e o seu orgullo pola  festa, e o resultado foi espectacular.
Seguiremos apoiando a creatividade e o talento dos nosos nenos e nenas, porque son o futuro da nosa comunidade. 
Montaxes realizadas con Canva.com

2 comentarios: