martes, 1 de xullo de 2025

REMATANDO UN CURSO(II).

Imaxe obtida na páxina de Colegio San Pelayo de Ermua
E como non podía ser doutro xeito, o curso rematou. Foi unha intensa xornada  organizada por Chafarís onde desfrutamos dunha mañá chea de diversión, xogos de mesa e unha boa merendola nas aulas. Un xeito perfecto de despedirnos antes das vacacións de verán!
Durante a mañá, o alumnado participou en xogos por ciclos, pero esta vez, con algo diferente: en vez de xogos físicos no patio, gozamos dunha selección de xogos de mesa dinámicos e moi entretidos, adaptados a cada idade.
Nós acudimos cos compis de 1ºe xogamos, entre outros, ao "Slapzi", "Mucho cucurucho" e "Guyu guyu". Pasámolo xenial!
Para poñerlle o broche final ao día, cada aula organizou a súa merenda na clase.  Compartimos comida refrescos e agasallos que fixeron que a celebración fose completa. Risas, anécdotas e moitos "Bo verán!" soaron por todo o colexio.
Montaxes realizadas con Canva.com
Agora si, toca descansar...Bo verán e ata setembro! 

10 comentarios:

  1. Respostas
    1. Moitas grazas! Igualmente para ti, Iria.
      Un saudiño.

      Eliminar
  2. Bo verán profe! Ata setembro! (Lía/Conchi).

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo verán para vós tamén, chicas! Graciñas.
      Un saudiño.

      Eliminar
  3. Bo verán para todos/as!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, chicas! Bo verán para vós tamén!
      Un saudiño.

      Eliminar
  4. OLA SON ROSALÍA AÍNDA QUE ESE CURSO REMATOU A DIBERSIÓN NUNCA SE ACABARÁ

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Rosalía. Tes razón; aprender é divertido.
      Un saúdo.

      Eliminar
  5. Ola son Rosalía grazas eu tamén vos desexo eso pero como se hacercan as festas de Forcarei tamén vos desexo unhas felices festas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Rosalía. Seguro que o pasaches xenial nas festas!
      Un saúdo.

      Eliminar