sábado, 28 de xuño de 2025

SEMANA VERDE.

Logo da Feira
Que día tan especial tivemos o 6 de xuño! Os alumnos de Infantil, 1º e 2º de primaria visitamos a Feira da Semana Verde de Silleda, unha experiencia inesquecible chea de aprendizaxe, diversión e descubrimentos.
Ao chegar, o primeiro que fixemos foi organizarnos en dous grupos: un de infantil e outro de primaria. Nós gozamos dunha visita pola feira, onde puidemos ver de preto moitos postos con diferentes propostas gastronómicas.
Despois, participamos nunha cata de aceite, onde ostodos/as puidemos degustar o aceite de oliva(zume de olivas), descubrir os seus sabores e aprender como se produce. Foi unha experiencia moi sensorial que nos axudou a valorar o traballo dos agricultores.
Montaxe realizada con Canva.com
Tamén asistimos a unha exhibición canina de agility (mentres merendabamos), onde os cans demostraron a súa destreza e velocidade ao superar obstáculos e seguir as indicacións dos adestradores. Foi moi divertido ver a rapidez e a intelixencia destes animais.
Ao rematar participamos nun obradoiro sobre alimentación de Gadis, que nos resultou ben interesante.
Antes de marchar demos outra voltiña para ver os animais de granxa. Gustounos moito observar as vacas, ovellas, cabalos e outros animais, e aprender un pouco máis sobre a súa vida e coidados.
Saímos dalí soñando con volver outra vez á feira!

Ningún comentario:

Publicar un comentario