venres, 27 de xuño de 2025

PROGRAMA XOGADE.

Logo do programa Xogade
O pasado mércores 4 de xuño celebramos unha xornada moi especial e divertida no pavillón do colexio de Carballedo. Participamos nun encontro organizado dentro do programa Xogade, onde nos xuntamos con outros nenos e nenas doutros colexios da zona para pasar un día cheo de xogos, risas e compañeirismo.
Organizámonos por equipos mesturados con alumnos e alumnas doutros centros, o que nos permitiu coñecer xente nova e facer novos amigos.
Durante a xornada participamos en moitos xogos tradicionais e cooperativos, que puxeron a proba tanto a nosa habilidade como o traballo en equipo. Entre os xogos que máis nos gustaron estiveron:
-A corda, onde puxemos a proba a nosa forza e coordinación.
-A carreira de sacos, que nos fixo saltar e rir sen parar.
-Os bolos, que requiriron puntería e paciencia.
-O xogo do tres en raia xigante, que fixemos por relevos
-O pano, que nos fixo correr e estar ben atentos.
-Os zancos, que foron todo un reto para manter o equilibrio.
-O minigolf, onde practicamos a precisión.
-E tamén xogamos coa goma elástica, facendo diferentes figuras e pasos en equipo.
Cada actividade estaba preparada con moito coidado para que todos e todas puideramos participar e divertirnos. Os mestres e mestras, así como o persoal organizador, guiáronnos en cada proba e animáronnos en todo momento.
Montaxes realizadas con Canva.com
Para rematar a mañá, fixemos un baile final conxunto, no que todos os colexios bailamos ao mesmo tempo. Foi un momento moi bonito, cheo de ledicia e unión entre todos os participantes.

2 comentarios:

  1. Pasárono xenial!
    Longa vida aos xogos tradicionais! Grazas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Foi unha mañá estupenda, Sonia!
      Venlles moi ben coñecer os xogos de sempre porque agora non saben xogar.
      Un saúdo, chicas.

      Eliminar