Imaxe de Lean2Succes en Pixabay.com
O 10 de abril , oa nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria, vivimos unha experiencia incrible na biblioteca: construímos e programamos un coche de carreiras con LEGO!
Primeiro, cada grupo recibiu unha caixa de LEGO Education. Seguimos as instrucións, colaboramos en equipo e construímos un coche de carreiras con pezas de distintos tamaños e cores. Tivemos que estar moi atentos aos detalles e axudarnos entre nós para encaixar todo correctamente.
Pero o máis emocionante aínda estaba por vir... programamos o coche para que se movese! Usamos uns portátiles e unha aplicación sinxela para indicarlle ao coche que tiña que facer. Algúns incluso lle puxeron luces!
Foi unha actividade chea de aprendizaxes, onde practicamos o traballo en equipo, melloramos a nosa lóxica e creatividade e, sobre todo, divertímonos moitísimo!
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
Montaxe realizada con Canva.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario