Imaxe obtida no blog.sarafarinha.com
Xa sei que o máis normal é que non sexamos conscientes da importancia que ten ter esa figura que te acompaña, ás veces en silencio, ao longo da vida. Como sempre está aí... É certo que cada quen ten as súas circunstancias pero, na maioría dos casos, ocorre deste xeito. Por iso, o singular da data radica en dedicarlle un día en concreto, aínda que todos sexan especiais con el. Ás veces están ocupados, traballan moito e chegan pola noite, outras veces están preocupados e parece que non se centran no que queremos, pero están e iso, non ten prezo.
Recordade o que falamos hoxe en clase e agasallade aos vosos papás con bicos, apertas, cóxegas, debuxos e mecos; todo iso que non custa e eles saben apreciar. Celebrade que os tendes porque esa sorte non dura eternamente.
Déixovos unha selección de contos sobre os papis de Santillana.
Moitas gracias Anabel!!
ResponderEliminarQue ben que vos gustara!
EliminarUn saudiño.