domingo, 16 de marzo de 2025

ENTROIDO (2025)(III).

Imaxe de Alexandra Koch en Pixabay.com
E chegou o día máis esperado: o do desfile por Forcarei. Despois de vestirnos con calma, cos imprevistos de última hora (Profe, caume un topo; profe, levamos a merenda?; profe, eu non vou ao baño..... e a profe suando porque as paxariñas non acaen cos imperdibles!), saímos a dalo todo polas rúas do pobo.
Antes de ensinárvolo teño que contarvos a super merendola que celebramos o día anterior por cortesía das nosas familias. Fixémolo en conxunto co alumnado de Infantil B  da profe Vane e foi todo un éxito!!!
Moitísimas grazas a todas as nosas familias pola súa colaboración. ( Decidiron darlle de comer a todo o cole, non só aos seus fillos/as😜).
Agora un recordo do desfile por Forcarei.
Montaxes realizadas con Canva.com
Se queres ver a nosa actuación dese día preme aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario