luns, 3 de xullo de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN(IV).

Imaxe de Herbert Aust en Pixabay.com
Cóntovos hoxe, a última das visitas, pero non por iso menos importante.
Pechou o noso ciclo lector a avoa Victoria, que veu da man de Alicia. Ela quixo rescatar un libro que xa leran ela e os seus fillos; "Cousas" de Castelao.Foi unha lectura ben interesante, na que escoitamos tres fragmentos que nos deron pé a unha conversa moi animada sobre os tempos de antes.
Moitas grazas a Victoria por traernos un dos máis importantes clásicos  galegos.
Montaxe realizada con Pizap.com
Consulta a reseña do libro
GRAZAS,FAMILIAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario