Amosando publicacións coa etiqueta Picovico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Picovico. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de xullo de 2018

MANUALIDES FINAIS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Para finalizar con este apartado de manualidades imos mostrarvos dúas cousiñas. Comezamos coa nosa vaca de primavera.
Volvemos á socorrida páxina de Krokotac para facer unha vaquiña moi especal , co corpo  entrelazado.
Preme aquí para ver como se fai.
Así, fixemola nós.
Montaxe realizada on PiZap.
Por último, comentarvos que precisabamos "algo" para gardar os nosos traballos (todos aqueles que aínda estaban na aula). Fixemos estes cartaces de catolina. A ver se vos gustan!!!
Obtido no canal de Yoube de Anabel García.

sábado, 7 de xaneiro de 2017

RECORDOS DO 1º TRIMESTRE.

Montaxe realizada con PiZap.
Vou aproveitar esta entrada para dar as grazas a todos aqueles e aquelas que neste Nadal  me quixestes felicitar as Festas a min e aos meus. Sempre é un gusto recibir agasallos, pero para min, un dos máis importantes, é o tempo que dedicastes para escribirme unha postal. Moitas gazas a todos/as!!!

Feitos os agradecementos, xa sabedes que durante o primeiro trimestre fixemos moitas cousas interesantes, pero queremos recordar as máis divertidas.
(Como me gustaría que nos textos para realizar presentacións aparecesen os acentos e a letra ñ, porque ás veces é un rollo).

venres, 24 de xuño de 2016

ÚLTIMAS MANUALIDADES.

Agora que o curso rematou para os nenos/as quédanos mostrar cousiñas que quedaron no tinteiro , antes de comezar as verdadeiras vacacións.
Hoxe deixovos as nosas peciosas flores de primavera, basadas nunhas que vin en craftymorning.com
Clicade na imaxe para ver como se fan.
Xa podedes observar que nós démoslle o noso especial toque.Pasos que seguimos:
-Pintar as chapas de témpera (como non quedaban moi ben, utilicei pintura acrílica en aerosol) Tamén utilizamos algunhas chapas de cores.
-Pegar o limpapipas e o centro da flor(goma eva de purpurina) con silicona. Despois as chapas.
-En cartolina verde facer a herba e recortala. Pegámola.
-Recortar as letras de primavera e pegalas.
- Facer flores e bolboretas con troqueladoras e pegalas tamén.
A ver que vos parecen!!!
E para gardar todas as manualidades feitas durante o curso realizamos uns cartaces "made in ideas da profe", que nos quedaron así.
Montaxe realizada con PiZap.

venres, 13 de novembro de 2015

Á RICA CASTAÑA!

O outro día, na hora de Plástica,decidímonos a colorear unha castaña(xa que estamos no seu tempo).
Pedimos prestadas unhas ceras Manley aos nenos e nenas de infantil (é que nós somo moito de pedir pero tamén damos , eh?) e puxémonos mans á obra.
Primeiro , pintar ao gusto de cada un; segundo, recortar a castaña e pegala nunha cartolina e, por último, inventar un título para a creación.
Aquí tedes o resultado.
Presentación realizada con PICOVICO.

Atopei o modelo de castañas no blogue, Recursos para mi clase, da nosa amiga Isabel. Grazas por ofrecernos recursos tan chulis.

mércores, 20 de maio de 2015

CELEBRANDO AS LETRAS.


Xa sabedes todos que o Día das Letras Galegas foi o día 17 de maio pero como era domingo, no cole, celebrámolas o venres 15.Así é que, xuntámonos todo o cole na entrada e ,despois dunhas palabras do profe Javi, fomos colocando os nomes de todos os homenaxeados das Letras desde o ano 1963, cando se inaugurou a iniciativa con Rosalía de Castro.Do libro das letras saíron  os nomes dos autores e unha chea de bolboretas (que fixera cos nenos/as a profe Puri) e cubriron a parede de cor e cultura.
Acto seguido, uns alumnos de secundaria coas pandereteiras do cole interpretaron "Entrelazado de Allariz" para rematar todos cantando o Himno Galego.
Foi un acto sinxelo pero cheo de expresión, beleza e amor polas letras.

luns, 7 de xullo de 2014

PRENSA NA ESCOLA.

Como xa sabedes estivemos durante o curso dentro do programa "Prensa-Escuela" de "La voz de Galicia". Aquí vos queda un resumo dalgunhas das cousas que fixemos.

domingo, 29 de decembro de 2013

AS NOSAS FELICITACIÓNS

Aquí tendes a s vosas tarxetas navideñas.Quedaron moi chulas e fixéstelas vós solos.
PARABÉNS!!!