mércores, 20 de maio de 2015

CELEBRANDO AS LETRAS.


Xa sabedes todos que o Día das Letras Galegas foi o día 17 de maio pero como era domingo, no cole, celebrámolas o venres 15.Así é que, xuntámonos todo o cole na entrada e ,despois dunhas palabras do profe Javi, fomos colocando os nomes de todos os homenaxeados das Letras desde o ano 1963, cando se inaugurou a iniciativa con Rosalía de Castro.Do libro das letras saíron  os nomes dos autores e unha chea de bolboretas (que fixera cos nenos/as a profe Puri) e cubriron a parede de cor e cultura.
Acto seguido, uns alumnos de secundaria coas pandereteiras do cole interpretaron "Entrelazado de Allariz" para rematar todos cantando o Himno Galego.
Foi un acto sinxelo pero cheo de expresión, beleza e amor polas letras.

2 comentarios:

  1. Que bonita forma de celebrar o día das nosas letras, Anabel! Nós tivemos hoxe pola tarde o festival. Un bico.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estivo moi ben, sinxelo pero sentido. Seguro que vós tamén o celebrastes ao grande. Biquiños.

      Eliminar