Montaxe realizada con PiZap.
Cando Cris me plantexou esta entrada non me quedou moi claro que era o que quería, se debuxos para descargar, para colorear on line, como aprender a debuxar..... Polo tanto pensei que podería facer unha mistura de todo e así... case seguro que acerto!!!
Comezamos cunha páxina de debuxos para colorear on line, que tamén podedes descargar en branco e darlle cor sobre papel. Aparecen case a maioría dos vosos nomes e unhas preciosas láminas para o día da nai. Aproveitade!!!
Outra paxiniña para colorear on line. Ten un montón de categorías!!!
Se preferides descargar os debuxos e pintalos sobre o papel podedes facelo nesta páxina. (Aquí hai Pokemons).Agora un par de vídeos para aprender como debuxar animais . É moi sinxelo.