Nestas datas de Carnaval, decidimos facer algo en Plástica relacionado co tema. Na páxina
Stockpilingmoms atopei unha interesante idea:un anteface feito coa silueta das nosas mans.
Pasos:
-Por parellas, siluetear as nosas mans en cartolina.
-Recortalas.
-Pintalas con témpera ao gusto (Nós, por cuestións de tempo, utilizamos a mesma cor; menos a profe porque fixo horas extra).
-Decorar con papeis de cores.
-Colocarlle unha palliña de soporte e...
-A lucirse!!!
Que vos parecen?
Montaxes realizadas con PiZap.