Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2011-2012. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2011-2012. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de setembro de 2013

Á VOLTAS CO PASADO.

Este curso, cando chegamos á aula, decubrimos con certa pena , que o noso"rosalito",o que custodia a cápsula do tempo, pasara a mellor vida. Tivemos que poñerlle remedio e substituímolo por un brioso pothos.Esperemos que corra mellor sorte.
Longa vida ao Pothos!!!

sábado, 13 de abril de 2013

O RELEVO DE GALICIA.

Para  facer un repasiño das Serras galegas que aprendemos, quedan aquí estes dous mapas interactivos de Enrique Alonso.
 A ver que tal se vos da!!!

venres, 3 de agosto de 2012

BOAS VACACIÓNS.

Fixemos ao longo deste curso moitas cousiñas máis pero non todo se puido mostrar.
Chega o momento do descanso e que mellor maneira de aproveitalo que propoñéndovos unhas animadas lecturas para o tempo de lecer.
Disfrutade e lede, gozade e vivide, en definitiva; aprendede.
FELIZ VERÁN E BLOGUEAMOS EN SETEMBRO!!!

mércores, 1 de agosto de 2012

martes, 31 de xullo de 2012

PONTES DO RÍO LÉREZ.


Quería agradecervos a todos e todas a vosa participación na inauguración da exposición que sobre Forcarei fixemos no Concello. Está visto que os traballos colaborativos funcionan.
Deixovos  aquí o que sobre as pontes traballamos: un pps coas fotos tan bonitas que fixeron os meus nenos/as e (na seguinte entrada) as creacións artísticas que realizaron sobre un poema de Xosé Otero Espasandín.
Que vos guste moito!


luns, 30 de xullo de 2012

NOVOS XOGOS.

Que tal vai o verán, meus perelliños?Seguro que estades disfrutando a tope  do tempo de lecer. A fada Perella  deixouvos uns divertimentos  novos en "O nosos xogos",  por  se vos apetece bloguear.
Por certo, se queredes saber o significado do que acabo de chamarvos, xa sabedes...... diccionario!!!
 Non vos apuredes, tédelos no blogue.

mércores, 25 de xullo de 2012

PROXECTO FABA.

Alguén me pode dicir como está a súa faba? Contémoslle a todo o mundo o que fixemos este curso.

venres, 20 de xullo de 2012

OS VERMES DA SEDA

.Durante o curso traballamos o ciclo vital dos vermes da seda desde que son ovos ata que se transforman en bolboretas.Aquí vos deixo o que aprendemos....









mércores, 18 de xullo de 2012

EXPOSICIÓN SOBRE FORCAREI.


Ola,chicos e chicas!!! Teño grandes novas. O venres 20 inaugúrase no Concello a exposición sobre Forcarei na que están incluídos os vosos traballos. Será as 20:00h e permanecerá aberta, en horario de mañá, do 23 ao 27 de Xullo.

Espero vervos a todos e todas!!!

luns, 16 de xullo de 2012

O NOSO PRIMEIRO LIBRO DE ADIVIÑAS

"O noso primeiro libro de adiviñas"
Preme no libro

Durante este curso traballamos a rima e isto é unha mostra do que conseguimos facer.
Sodes capaces de adiviñar?

venres, 13 de xullo de 2012

RECICLAMOS PAPEL!

Aquí vos deixo unha interesante actividade que realizamos a principio de curso: Reciclado de papel.
Que vos guste!!!

Non esquezades o botón de pantalla completa para non perder detalle (Se pasades o rato pola parte inferior da presentación, aparece á dereita) Disfrutade da música clásica; todo é riqueza.

domingo, 24 de xuño de 2012

NOVOS XOGOS

Ola de novo!!!
Avísovos de que temos novos xogos  no noso blogue alternativo.
Esta vez son de Lengua.
Espero que vos gusten.

domingo, 10 de xuño de 2012

NOVO BLOGUE

Como xa temos gañadora do concurso  xa podemos utilizar o  seu debuxo como entrada do novo blogue: "Os nosos Xogos".Aquí atoparedes deliciosos pasatempos para as horas de lecer.
Pero lembrade... hai tempo para todo: para  axudar na casa, para facer os deberes, para desfrutar do aire libre,para visitar ao que está solo..... e tamén para xogar no blogue da profe!

GALANO

O pasado 5 de xuño, o blog Os Pícaros de Vane, o blog da persoa grazas a cal este blog existe, deixounos un bonito agasallo, en forma de premio. A comunicación apareceu (como mandan as “normas”) nos comentarios da entrada que estaba de primeira naquel momento no blog, incluíndo un enlace á entrada publicada por eles na que escollían os seus blogs gañadores. As intruccións son as seguintes:
•Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
• Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
•Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.
Os nosos galardoados son:
-Primer ciclo de Primaria (do CPI Don Aurelio de Cuntis)
-Aventuras de Primaria (do CEP Santa Mariña de Redondela)
-Blog de 1º ( do CEIP Inocencio Sosa Sánchez)

Agardamos que vos entusiasme tanto como a nós e esperamos que escollades aos próximos cinco blogues agasallados.
Noraboa a todos!

venres, 1 de xuño de 2012

CONCURSO

Como o prometido é débeda, aquí tendes os debuxos participantes no concurso.Son todos xeniais. En breve, o gañador ou gañadora.

sábado, 26 de maio de 2012

XOGANDO

Que tal os xogos ?Sei de boa tinta que algúns os disfrutástedes moito. Son para iso.
Ando argallando a maneira de poñelos todos xuntos e incluir algún máis.
Para iso penso enlazalos a outro blog e a imaxe que nos leve a eles será a gañadora dun concurso de debuxo entre os meus nenos de segundo. A que tendes gañas de saber cal é o resultado?
Pois estade pendentes na próxima semana e coñeceredes ao gañador ou gañadora.
Moita sorte, chavales!!!

sábado, 4 de febreiro de 2012

BENVIDA!

Ola a tod@s!!!!
Hoxe é un gran día porque comezo a traballar no meu blogue.
Non nace con outro afán que non sexa aprender a utilizar esta ferramenta.
Se de paso e co tempo podo mostrar algo interesante.....será xenial!!!!
Grazas e...paciencia coa novata!!!!!