Quería agradecervos a todos e todas a vosa participación na inauguración da exposición que sobre Forcarei fixemos no Concello. Está visto que os traballos colaborativos funcionan.
Deixovos aquí o que sobre as pontes traballamos: un pps coas fotos tan bonitas que fixeron os meus nenos/as e (na seguinte entrada) as creacións artísticas que realizaron sobre un poema de Xosé Otero Espasandín.
Que vos guste moito!
foi moi guai e os comentarios que puxeches nas fotos doulle un toque divertido.
ResponderEliminarGrazas, Diana.Os meus nenos e nenas sodes a miña inspiración.
ResponderEliminarQuedouche moi bonita a presentación con tódalas fontes das pontes. Aínda estiven hoxe de paso polo Concello e aínda lle botei unha ollada a este fermoso traballo. Saudiños,
ResponderEliminarBelén
Moitas grazas, Belén. O certo é que a biblioteca nos propuxo un proxecto moi interesante pero que sen o traballo e esforzo de todos,papáa e mamás incluídos, non daría os froitos que se conseguiron. Un mérito da comunidade educativa!!!
ResponderEliminar