Amosando publicacións coa etiqueta SlideShare. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SlideShare. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de xullo de 2021

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN.

Imaxe de André Santana AndreMS en Pixabay.com
Empezado o verán xa fai uns días preséntase como unha época ansiada para facer millóns de cousas. Tal vez non poidamos facelas todas pero imos con algunhas recomendacións interesantes.

xoves, 19 de abril de 2018

COÑECENDO O MILLO (IV)

Imaxe atopada en Pixabay.com
Para rematar co proxecto, déixovos as fichas que fixeron os rapaces/as. Cada unha é dun neno/a. Tamén vos subín as fichas en pdf por se vos serven de algo.
Por último, inclúovos nesta entrada, a manualidade que fixemos coas mazarocas. Esperamos que vos gusten.
Montaxe realizada con PiZap.

mércores, 1 de febreiro de 2017

O QUE APRENDEMOS SOBRE O ACOSO.

Imaxe de Ciencia Divertida.
Non sei se lembrades que tivemos unha charla sobre o acoso escolar. Pois ben, como suele ocorrer nestes casos, pedín unha crónica aos nenos/as para que me contaran  que foi o que aprenderon. Este foi o resultado.
Tamén me gustaría compartir con vós este fantástico vídeo do Langui , "Se buscan valientes", que forma parte do proxecto de comunicación social de Mediaset 12 Meses, para loitar contra o acoso escolar. A ver que vos parece!!!
Obtido no canal de Youtube de Langui.

domingo, 29 de xuño de 2014

VELLO COÑECIDO.

O venres, 13 de xuño, veu a visitarnos Xosé Liste, un vello coñecido da clase de 4º.Durante catro anos, traballamos un libro por curso da Editorial Santillana e, ao rematalo, sempre aparece Xosé para facer unha animación sobre el. Nesta ocasión, tocoulle a unha delicia titulada "Tras la pista del abuelo" de Alfredo Gomez Cerdá. Nel camiñamos da man de Valentina para averiguar cousas do seu avó e concienciámonos, aínda máis, de que temos un tesouro que debemos coidar e respectar.
Desde que tenía uso de razón, Valentina había visto al abuelo Valentín sentado en la butaca, con la mirada perdida. A veces ella le hablaba, pero el abuelo no se movía ni respondía a sus preguntas. ¿Qué podía hacer Valentina para descubrir cómo había sido en realidad la vida del abuelo? En una enorme caja de cartón va a encontrar la primera pista.
No que respecta a Liste non defraudou porque as actividades que propuxo foron a cada cal mellor. Ollade por vós mesmos.
Desta vez xa vos ofrecemos as crónicas da visita. Que completo!!!

sábado, 11 de xaneiro de 2014

FABULANDO

Xa falamos na clase de como facer a unha fábula .quero deixarvos unha axudiña para o noso  proxecto .
Espero que vos sexa útil!!!

Deixoo tamén en castelán  por se lle interesase a alguén.

venres, 3 de xaneiro de 2014

NADAL RIMA CON...


Seguindo coa nosa tradición "rimadora" aquí vos deixamos uns poemiñas  alusivos a estas datas.
Que vostedes o rimen ben!!!

domingo, 16 de xuño de 2013

ADIVIÑANDO.

Agora, ao final de curso, acumúlase o choio!!!Mentres me poño ao día.....por que non xogar a adiviñar de  que ferramenta se trata?
Adiante !!! Creamos estes acertixos para que vos divirtades xogando.
Que estades a esperar?


xoves, 25 de abril de 2013

CREAMOS UN CONTO?

Como esta semana se conmemora o Día Internacional do Libro, os alumnos de 3º decicimos celebralo escribindo  un libro de contos. Cada un escribiu e ilustrou o seu.  Na" Hora de ler" deleitamos aos nosos compañeiros de aula coa lectura destas historias e ata fixemos un  concurso.
Queredes saber como foi? Estade pendentes  das próximas entradas. Para ir abrindo boca  aí vos deixo os contos participantes.
                             

martes, 22 de xaneiro de 2013

OS ANIMAIS.

Hoxe apareceu o día explendidamente nevado  e as clases suspendéronse.Espero que esteades xogando coa neve  e facendo bonecos preciosos. Cando volvades á casa , no quentiño do fogar, se cadra apetécevos xogar un pouquiño; non eh?
Primeiro un pequeno e claro resumo da clasificación de animais que atopei no blogue :
http/aventurasdeprimaria.blogspot.com/


                Clasificación de animales from Isabelbis

luns, 19 de novembro de 2012

O MAGOSTO.


O día 9 de Novembro celebramos no cole o Magosto. Premede na imaxe se queredes ver como o pasamos.


domingo, 14 de outubro de 2012

ONDE QUEDARON AS VACACIÓNS?

Que lonxe quedan as vacacións, verdade? Pois para que non as botedes de menos aí vos deixo unhas crónicas de como as pasaron os nenos e nenas de 3º.Si,si, as que vós mesmos escribistes!!!
                        

venres, 3 de agosto de 2012

BOAS VACACIÓNS.

Fixemos ao longo deste curso moitas cousiñas máis pero non todo se puido mostrar.
Chega o momento do descanso e que mellor maneira de aproveitalo que propoñéndovos unhas animadas lecturas para o tempo de lecer.
Disfrutade e lede, gozade e vivide, en definitiva; aprendede.
FELIZ VERÁN E BLOGUEAMOS EN SETEMBRO!!!

martes, 31 de xullo de 2012

PONTES DO RÍO LÉREZ.


Quería agradecervos a todos e todas a vosa participación na inauguración da exposición que sobre Forcarei fixemos no Concello. Está visto que os traballos colaborativos funcionan.
Deixovos  aquí o que sobre as pontes traballamos: un pps coas fotos tan bonitas que fixeron os meus nenos/as e (na seguinte entrada) as creacións artísticas que realizaron sobre un poema de Xosé Otero Espasandín.
Que vos guste moito!