domingo, 3 de xaneiro de 2021

MANUALIDADES (III).

Imaxe de Gundula Vogel en Pixabay.com
Este curso fixemos dúas manualidades de Nadal, que non se diga! Optamos pola tradicional tarxeta de felicitación (que supoño vos chegaría ás vosas casas) e fixemos unha vela decorativa.
Comezamos coa vela.
Primeiro, pintamos o rolo do papel hixiénico da cor escollida. Despois, recortamos dúas estrelas en cartón ondulado e unha en cartolina dourada ou prateada (gañou o dourado). A montaxe fíxoa a profe porque os nenos/as non deban manexar a pistola de silicona quente.Por último, levamos a cabo a decoración con estrelas prata, lila, vermellas... e pedriñas de cores (diamantes como din algúns).
Este foi o resultado!!!
Montaxes realizadas con PiZap
Na próxima entrada falamos da postal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario