venres, 30 de abril de 2021

MANUALIDADES (VI).

Imaxe de Ernesto Barrachina en Pixabay.com
Tiñamos esquecidas un pouco as manualidades, non si? Pois hoxe imos falar dunha lámina que fixemos fai un tempo. Poderiamos chamarlle "Cidade de inverno".
Non vos podo concretar exactamente de onde a saquei porque vin modelos diferentes na Internet e adapteino un pouco para nós. Este foi o proceso:
Fixémolo da seguinte maneira:
-Dunha folla de xornal recortamos rectangulos e cadrados para facer casas e troncos de árbores.
-Dun folio en branco recortamos tellados e copas das árbores.
-Pegamos  a composición sobre cartolina negra e cun rotulador negro fixemos portas e ventás nos edificios.
-Rematamos colocando estrelas no ceo da noite.
Velaquí o resultado:
Montaxes realizadas con PiZap.

Ningún comentario:

Publicar un comentario