sábado, 8 de xaneiro de 2022

MANUALIDADES (III):

Imaxe de donations welcome en Pixabay.com
Este ano fixemos unha manualidade de Nadal moi sinxeliña e, ademais, cun uso variado. A miña idea ía cara unha bomboneira pero houbo quen lle viu posibilidades como lapiseiro ou como base para unha candea. Cada quen pode darlle usalo como prefira.
Atopei na rede unha  plantilla dunha árbore e decidín darlle unha nova visión. Recortámola en cartolina verde e despois decorámola con brillantes e estrelas de pegar. Tamén escollemos as estrelas que a coroarían feitas en cartolina metalizada. Tras pregala, pegámoslle no interior un rolo de papel pintado previamente e colocámoslle un limpapipas brillante.Ollade como nos quedaron.
Tamén fixemos unhas postais, que cada un escribiu a quen escolleu de clase. Foi un modelo fácil; que o tempo non da para máis. Sobre cartolina, punteamos con témpera unhas bólas utilizando unha plantilla. Despois rematamos con rotus e estrelas en prata e ouro.
Montaxes realizadas con Pizap

4 comentarios:

  1. Pues es verdad que da mucho juego, me quedo con los bombones, jiji. Sencillas pero muy lindas, las postales. Un besote.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Yo también prefiero los bombones, Blanca.
      Otro besote para ti.

      Eliminar
  2. Trabajos muy bonitos para la ocasión.
    Un besico

    ResponderEliminar