mércores, 26 de febreiro de 2020

MANUALIDADES (III).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Hoxe imos ver un par de sinxelas manualidades que fixemos para o Día da Paz e para o Entroido.
-Xa sabedes que estamos sempre querendo innovar e buscando cousas novas que fagan que o noso alumnado aprenda de maneira divertida. Ás veces, o tempo non nos da para máis e recurrimos a actividades que xa fixemos algunha vez. Pois ben, intentando repetir un modelo visto en KROKOTAC e que xa fixeramos en primeiro, saiu outra cousa.(Consultade aquí o xa feito).

Dobramos un folio de cor verde claro e os nenos/as fixeron a silueta da súa man axudados por un compi. Despois recortamos e pegamos en cartolina de cor e decoramos coas letras de PAZ, dúas pombas e estrelas brillantes.
Así nos quedaron.
-Para o Entroido fixemos unhas sinxelas máscaras de emoticonos que tiveron que colorear ao gusto e pintarlle un depresor para pegalas a el.
Así as lucimos. Gústanvos?
Montaxes realizadas con Pizap

6 comentarios:

  1. Gracias por los recursos, los guardaré para septiembre que es la fecha en donde nosotros festejamos el día de la paz.
    Besitos.

    ResponderEliminar
  2. Buenas actividades para celebrar un día tan importante. Un abrazo muy en paz.

    ResponderEliminar
  3. Quedaron muy bien las máscaras, y las palmas de las manos unidas para la Paz.
    Saludos.

    ResponderEliminar