martes, 5 de xaneiro de 2021

FIN DE TRIMESTRE.

Imaxe de Jeff Jacobs en Pixabay.com
Hoxe, xa preto de volver a vernos, quero recordar como rematamos o trimestre. Foi un día moi especial, como eses de antano, que parece que xa non existen. 
Comezamos a mañá ultimando detalles das cousas que había que levar á casa. Pouco despois, empezou a sesión de cine da Nadal, con zume e flocos de millo. Cada un estivo na súa aula e tivemos a sorte de que a teacher María e a profe Susana, estiveron en todo momento abastecéndonos do necesario. Cando rematou a peli, trouxéronnos chocolate e rosca para merendar. Ummmm, boísimo!!!
Antes de saír ao recreo recibimos os agasallos que enviara Papá Noel a través da nosa ANPA. Gustáronlles un  montón!!!
Facía uns días, como xa vos comentei noutra entrada, uns simpáticos elfos viñeron polas aulas para recoller o correo  que nos escribimos entre nós. Pois este día chegáronnos as nosas postais. Que alegría recibir correo!!!
Estas son as postais que recibín eu. Moitas grazas, chic@s!!!

Despois do recreo dirixímonos ao pavillón para gozar do espectáculo do Cé Orquestra Pantasma, "Voar". Estivemos cada un na nosa zona e aprendemos a bailar sentados/as. Unha nova experiencia!!!
Montaxes realizadas con PiZap

2 comentarios:

  1. Lo de bailar sentados se lleva mucho últimamente.
    ¡Qué bien todo lo que nos cuentas!
    Feliz año Nuevo 2021.
    Biquiños, Anabel.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Marisa.
      Feliz año nuevo para ti también.
      Apertas!

      Eliminar