Que tal van as vacacións? O tempo meteorolóxico non se está portando demasiado ben, polo que supoño que moito fóra non estades xogando. Para paliar un pouco esas tardes longas pechados/as na casa, déixovos estes xoguiños de Pascua (adiantámola unha miguiña).
No blogue Juegos Educativos Online Gratis aparece unha compilación de actividades de Lectoescritura e algunha de Matemáticas que nos pode vir moi ben. Aproveitádea rapaces!!!!
(Coidado cos xogos que traen os contidos de todo o curso!!!)
Bueno..., vale.... , algo de Nadal tamén. Este xogo de memoria e crebacabezas navideños. A gozar!!!
Xa fai varias semanas que comezou o inverno pero aínda estamos a tempo de colgar recursos para traballalo.
Quedarán á vosa disposición na pestana da dereita do blogue "Recursos catro estacións" ou se buscades na etiqueta "Recursos inverno".
Nesta ocasión vouvos recomendar a páxina Puzzlesonline.es, que nos ofrece moitísimos crebacabezas. Se premedes na imaxe levaravos aos de inverno.
No blogue,Recursos para docentes, de Yolanda hai unha webmix sobre o inverno espectacular. Botádelle un ollo que merece a pena!!!
Tamén esta canción de CantaJuego que se titula "Invierno".
Obtido no canal de Youtube de CantaJuego.
E para rematar, unhas risas garantidas polo pato Donald e os seus colegas Chip e Chop. Estes simpáticos esquíos están almacenando landras para pasar o inverno pero....conseguirán o seu obxectivo? Descubrídeo vós mesmos!!!