Como cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. Neste mes dez do calendario temos moi presente este templo de cultura, lugar de refuxio e conforto da alma, onde aprender, investigar e gozar. Este ano escribiu o pregón Gemma Pasqual i Escrivá, escritora valenciana, e realizou o cartel, o alacantino, Miguel Calatayud .
Na páxina de Amigos del Libro Infantil y Juvenil podedes atopar máis información sobre este evento (incluído o pregón deste ano titulado: A sen conto). Premede na imaxe.
Tamén o día 24 celebramos a festa da Organización das Nacións Unidas (ONU), que se encarga de preservar a paz mundial, a seguridade, a loita contra a pobreza e a inxustiza no mundo.
O mes de outubro é o mes por excelencia da biblioteca, xa que é un tempo dedicado a ela e no calendario parece un día para a súa celebración, o 24. Obteredes máis información na páxina da Bibliotecas Escolares de Galicia, se premedes na imaxe do comezo.
Como cada ano, hai un escritor/a e un ilustrador/a de recoñecido prestixio que deben realizar o cartel e o pregón para todas as bibliotecas do noso país. Nesta ocasión , os escollidos foron: Gonzalo Moure Trénor (escritor español dedicado á literatura xuvenil) e Alfonso Zapico(historietista e ilustrador).
Cartel deste ano do Día da Biblioteca. Autor. Alfonso Zapico.
Na revista Babar ofrécennos o pregón de Gonzalo Moure.
Para rematar, déixovos este vídeo que atopei na páxina do Condado de Salt Lake(Utah), para promocionar un reto de lectura de verán, a través da figura de Freddie Mercury e a súa banda Queen.
Obtido no canal de Youtube de thecountylibrary.
Hoxe tamén celebramos o aniversario da creación das Nacións Unidas. Premede na imaxe para informarvos.
Non esquezades visitar entradas doutros anos,aquí.
Cartel conmemorativo das Bibliotecas Escolares do 2017.
O 24 de outubro é unha data de dobre conmemoración. Por unha banda temos o Día da Biblioteca e, pola outra, o Día das Nacións Unidas. No cole celebramos, moi especialmente, a primeira cunha actividade que vos contaremos nunha nova entrada. Se premedes na imaxe do cartel teredes información sobre o tema.
Imaxe atopada na rede.
Tamén hoxe é o aniversario (72 anos) das Nacións Unidas. Festéxase a entrada en vigor en 1945 da Carta das Nacións Unidas, o tratado internacional que deu orixe á organización. Para máis información facede clic na imaxe .
Se queredes ver entradas doutros anos, clicade aquí (N.U.-B.E.)
Para rematar, unha canción titulada "Todos somos diferentes", como os integrantes das Nacións Unidas.
Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día Internacional da Biblioteca. Como no cole reabriremos o noso "local da lectura" durante o recreo da mañá, falaremos desta data noutra entrada, para contarvos que tal nos foi todo.
Pero nesta xornada tamén conmemoramos o Día das Nacións Unidas. Que que son? Deixovos un vídeo explicativo que o deixa ben clariño.
Obtido no canal de Youtube de Zuper Kids.
Tamén atopei unha canción , "Que vivan todas las razas" que podería valer para representar a mensaxe da ONU.
Obtido no canal de Youtube de Jeidy Falla.
No meu Pinterest recollín algúns debuxos para colorear sobre este día.Premede na imaxe.
O mes de outubro está adicado ás Bibliotecas Escolares e o día 24 dese mes conmemórase o Día da Biblioteca. A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil celebra este día como homenaxe á labor que desempeñan os bibliotecarios e bibliotecarias.
Este ano Carme Solé é a autora do cartel e Antonio Rodríguez Almodóvar escribiu no pregón un precioso recordo a Ana María Matute.