mércores, 24 de outubro de 2018

OUTUBRO E A BIBLIOTECA.

Cartel deste ano sobre a Biblioteca Escolar.
O mes de outubro é o mes por excelencia da biblioteca, xa que é un tempo dedicado a ela e no calendario parece un día para a súa celebración, o 24. Obteredes máis información na páxina da Bibliotecas Escolares de Galicia, se premedes na imaxe do comezo.
Como cada ano, hai un escritor/a e un ilustrador/a de recoñecido prestixio que deben realizar o cartel e o pregón para todas as bibliotecas do noso país. Nesta ocasión , os escollidos foron: Gonzalo Moure Trénor (escritor español dedicado á literatura xuvenil) e Alfonso Zapico(historietista e ilustrador).
Cartel deste ano do Día da Biblioteca. Autor. Alfonso Zapico.
Na revista Babar ofrécennos o pregón  de Gonzalo Moure.
Para rematar, déixovos este vídeo que atopei  na páxina do Condado de Salt Lake(Utah), para promocionar un reto de lectura de verán, a través da figura de Freddie Mercury e a súa banda Queen.
Obtido no canal de Youtube de thecountylibrary.
Hoxe tamén celebramos o aniversario da creación das Nacións Unidas. Premede na imaxe para informarvos.
Non esquezades visitar entradas doutros anos, aquí.
FELIZ DÍA!!!

2 comentarios:

  1. Habría que poner un día por mes para celebrar que todavía tenemos libros a nuestra disposición. Los peques son aficionados a los cuentos, pero cuando crecen... algo habría que hacer, verdad? Saludos y besos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tienes mucha razón, Blanca. En ello estamos, no?
      Besotes.

      Eliminar