Amosando publicacións coa etiqueta Hora de ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hora de ler. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de xullo de 2021

TECE, TECEDEIRA!!! (III).

Imaxe de RÜSTÜ BOZKUS en Pixabay.com
Xa vos esquecestes de Patas Fracas? Pois nós non!!! Durante o curso tivemos o tema un pouco abandonado pero iso non significa que caera no esquecemento. Contámovos que fixemos!!!!

sábado, 3 de novembro de 2018

HORA DE LER (III)

Montaxe realizada con PiZap.
Hoxe móstrovos as últimas lecturas de verán que contamos na Hora de ler. 
Comezamos por Aarón, que nos trouxo un dos libros da saga dos Bolechas, concretamente un que  fala dunha piscina inchábel. Escoitade ben!!
Alejandra tamén nos trouxo un clásico Disney, "Blancanieves y los 7 enanitos". Fixádevos que ben nolo contou!
Pechamos o noso ciclo con Xeila e "¿Me perdonas?" de Norbert Landa. A ver que vos parece!
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.

sábado, 27 de outubro de 2018

HORA DE LER (II)

Montaxe realizada con Pizap.
Continuamos coas lecturas que os nenos/as fixeron durante o verán e tócalle a Oliva. Aínda que algún libro está en proceso de lectura deunos para contalo. Esta vez  a protagonista é Tea Stilton e unha  estupenda viaxe a Londres, A ver que vos parece!
Ainoa optou por un clásico de Disney, "El libro de la selva", que lle gustou moito. Mirade que claro o tiña!!
Luis quixo traernos tamén unha aventura da familia Stilton, "¡Un superratónico día... de campeonato!"Como a Luis lle apaixona o fútbol, entre outras cousas, este foi un libro ideal. Ollade como nolo conta!!
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.
Noutra entrada, máis!!!

sábado, 20 de outubro de 2018

HORA DE LER.

Volvemos con forza a nosa "Hora de Ler", presente como no curso anterior, depois do recreo. Este ano inaugurámola co libro "Animales" que nos trouxo Diego. Creo que o que máis lles gustou foi que trae unhas estupendas plantillas, que todos tiveron que probar.
Montaxes realizadas con PiZap.
Despois propúxenlles o seguinte: cada un tiña que contarlle aos compañeiros/as un dos libros que lera no verán. Comencei eu con "A lección de August", da escritora R. J. Palacio, para que tivesen unha idea. Fixemos un pequeno guión e cada un preparouno na súa casa. 
O primeiro en comentar foi Héctor. Falounos do libro "El tren", unha das súas paixóns. Mirade o que nos dixo!

Obtido no canal de Youtube  de Anabel García.
En sucesivas entradas iremos vendo outras lecturas do verán.

domingo, 8 de xullo de 2018

HORA DE LER (V).

Michu lendo  "Fantasía en poesía".
Aínda nos quedaban uns traballiños sobre o libro de Marisa Alonso e Elizabeth Aquillón, "Fantasía en poesía". Velaquí o que faltaba.
Alejandra decidiu recitar "El gato enamorado".
Alexander escolleu "La ballena viajera"  para copiar e decorar.
Natalia decorou "Conejito" e preparou a lectura.
E por último, Xeila que quixo  copiar "A araña Maraña" para despois retratala coa súa tea. Tamén preparou a lectura para todos nós.
Montaxes realizadas con Pizap.
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.
GRAZAS MARISA ALONSO POR TAN FANTÁSTICAS POESÍAS!!!

xoves, 5 de xullo de 2018

HORA DE LER (IV).

Imaxe obtida na rede.
Seguimos contando as nosas experiencias coa lectura de "Fantasía en poesía" da nosa amiga Marisa Alonso.
Ainoa preparou un collage sobre "La cucaracha y el grillo". Despois,  leuno así.
Luis, xa decidiu de entrada, que el recitaría "El pingüíno transparente".

Aarón optou por copiar a súa poesía e decorala. Despois, preparou a lectura de "El regalo del ratón".
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.
Diego preparou unha manualidade sobre"Benavente".
Montaxes relizadas con PiZap.
Noutra entrada mostramos os que faltan.

domingo, 1 de xullo de 2018

HORA DE LER(III).

Xa vos contamos a nosa experiencia lectora coa "A vaca dixo mua" de Gloria Sánchez. Hoxe tócalle o turno a un estupendo poemario (do cal son mecenas) de Marisa Alonso Santamaría e que está ilustrado por Elizabeth Aguillón.
En primeiro lugar, presenteilles o  libro e tiveron que escoller a poesía que máis lles gustara. Despois tiñan que facer con ela algo da súa elección. Por último, debían presentar os resultados aos seus compañeiros/as.
Ensínovos os produtos finais.(Aparecerán todos os traballos pero as lecturas solo as dos nenos/as que as prepararon ben. Nesta vida, non todo vale!).
Héctor decidiu copiar o seu poema e decoralo. Despois, preparou a lectura.
Oliva optou por facer unha manualidade e decidiu aprenderse o poema de memoria.
Montaxes realizadas  con Pizap.
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.
Noutra entrada, máis.

martes, 26 de xuño de 2018

HORA DE LER (II).


Este ano, na nosa "Hora de Ler", fixemos varias actividades diferentes, como a lectura  ao aire libre(que xa contamos), traballar o libro "A vaca dixo mua" de Gloria  Sánchez e o de Marisa Alonso, "Fantasía en poesía".
O libro de Gloria Sánchez lémolo na aula, entre todos, en varias sesións. Despois de traballar o vocabulario non entendido fixemos unhas fichas (que aparecen na páxina de OQUELEO de Santillana). Foi fácil obtelas pero tiven que rexistrarme.
Ollade nosas portadas!!!
Montaxe realizada con PiZap.
Noutra entrada cóntovos o que fixemos co  libro de Marisa Alonso.

domingo, 10 de xuño de 2018

HORA DE LER.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Este curso seguimos tendo "Hora de Ler" despois do recreo. Estamos facendo lectura libre cos libros traídos da casa por todos/as. Estes momentos lectores facémolas nas nosa aula. Pero un día, do mes pasado, aproveitando que facía sol(cousa rara por aquí ultimamente) decidimos ir ler ao patio. Non é que teñamos un lugar moi axeitado para tal menester e froito da improvisación tampouco se poden  pedir milagres pero.... Aínda así, foi algo diferente!
Non sei cando poderemos repetir...

xoves, 11 de xaneiro de 2018

COMO PEIXE NA AUGA.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Como todos os anos  temos a nosa "Hora de ler" dentro do horario de clase; pero neste curso facémola despois do recreo. Para inaugurala como é debido, recorremos a un  libro que gusta moito, "Superhéroes en apuros" de Carmen Gil. Está ilustrado por Anna Laura Cantone e fala dunha nena que se chama Andrea . Esta non quere ir á praia porque... hai que ler o conto!!!
Deixovos as ilustracións que realizaron os nenos/as sobre a historia. A que mola!!!


domingo, 26 de xuño de 2016

HORA DE LER (X).

Para rematar esta sección da "Hora de ler" veremos dúas actividades que fixemos:      
-Co gallo do cuarto centenario do falecemento de Miguel de Cervantes, Candela, quixo traer á clase o libriño que fixeran o ano pasado coa profe Cruz e recordalo entre todos.  Mirade que xeitoso lles quedou!!!
Montaxe realizada con PiZap.
- Traballamos o libro "El perro que buscaba estrellas"escrito por Ricardo Gómez e ilustrado por Tesa González da Editorial Edelvives. O libro, que nos gustou moito, lémolo entre todos/as e tamén fixemos unhas fichas.
Se premedes sobre a imaxe accederedes ao pdf das fichas que a editorial propón.
A profe realizou un caderno de seguimento, baseado no da editorial, pero cun toque persoal. Aquí o deixo por se a alguén lle pode interesar.
Este foi o resultado.

venres, 3 de xuño de 2016

HORA DE LER (IX)

Portada do libro.
A última  das recomendación do meus nenos e nenas chega da man de Candela e trátase de "Gatiño e a neve" de Joel Franz Rosell. Esta historia da editorial Kalandraka e ilustrada por Constanze v. Kitzing fálanos da neve , do inverno e da amizade por riba de todo.
Montaxe creada con PiZap.
E para pechar a nosa entrada compártovos un conto dun gatiño moi desodenado e un pouco sabichón que non lle fai caso a súa mamá. Que pensades que pasará? Poderedes descubrilo a continuacuión.
Obtido no Canal de Youtube AMEIcuentosanimados.

luns, 23 de maio de 2016

HORA DE LER (VIII)

Imaxe atopada na rede.

Alba trouxo á aula nada máis e nada menos que, "Bichos"; unha preciosa historia  que nos encantou a todos (aínda que xa a coñeceramos).Representa moitos valores importantes para a vida, como son o traballo en equipo, a coraxe fronte as inxustizas e non renderse nunca. Mirade que orgullosa posa Alba co seu conto!!!
Montaxe realizada con PiZap.
Deixovos un fragmento da película onde se mostra a importancia do traballo en equipo.
Obtido no Canal de Youtube de erika v h.

mércores, 13 de abril de 2016

HORA DE LER (VII)

Imaxe obtida en todocoleccion.net

Para este trimestre na "Hora de Ler" quédannos tres libros  que trouxeron os nenos/as á aula. Aquí vai o primeiro.
Diego quixo sorprendernos cun libro de animaliños titulado "Animalitos del bosque y la granja". Como trae varias historias, decidiuse a lernos "Flori,el pequeño zorro".Este intrépido animal vive moitas aventuras cando sae de paseo. Se queredes coñecelas non tendes máis que ler o libro.
Montaxe realizada con PiZap.

É bastante difícil  atopar a historia en Youtube pero ofrézovos o conto "Mi día de suerte" que tamén fala dun raposo e un porquiño. 
Qué vos guste!!!
Obtido no canal  de Youtube El canal de los peques.

venres, 18 de marzo de 2016

HORA DE LER (VI).

Imaxe obtida na rede.

Os medios de transporte chegan ao noso rincón de lectura da man de Fran, con esta historia de Koko, Brewster e Wilson. Estes habitantes de Chuggington son uns trens moi simpáticos que corren imnumerables aventuras.
Montaxe realizada con PiZap.

Como non puiden insertar o capítulo correspondente desde Youtube clicade sobre a imaxe e poderedes velo alí.

venres, 4 de marzo de 2016

HORA DE LER (V).

Imaxe obtida na rede.
Leo quixo deleitarnos na "Hora de ler" cunha historia sobre animais curiosos que  querían averiguar a que sabía a lúa. Fixeron varios intentos pero... conseguiríano? Para sabelo deberedes ler este marabilloso conto de Michael Grejniec, editado por Kalandraka.
Montaxe realizada con PiZap.
Só despois de ler o libro vos dou permiso para que vexades e escoites a historia na voz duns neno/as moi simpáticos/as.
Vídeo obtido en Youtube (El rincón de María)

sábado, 30 de xaneiro de 2016

HORA DE LER (IV).

Retomamos a nosa sección da Hora de ler,que non decansa, pero que non se publica a tempo real. O importante é levala a cabo e que todos/as gocemos con ela.
Hoxe a prota é Aitana que nos sorprendeu xun precioso libro titulado "¡Bravo, Teo!" da Editorial SM.
Esta aventura, dun simpático rato, está contada en tres dimensións, o que fai que o conto sexa do máis atractivo.  Xulgade por vós mesmos!!!
Montaxes realizadas con PiZap.
Ofrézovos a continuación unha aventura doutro Teo , que quizais tamén coñezades.
Obtido no canal Youtube TEO

sábado, 12 de decembro de 2015

HORA DE LER (III)

Montaxe feita con Pizap.

O terceiro  en participar nesta sección foi o compi Constante, que nos trouxo un libro en galego de Fina Casalderrey, "Lume". Mirade  que conta:
Ía moita calor e Tor, o meu can, asábase no xardín. Tamén se asaban unhas sardiñas nas brasas da barbacoa. Engadín unhas follas de xornal e...¡¡¡Lume!!!
Xa sabemos que co lume non se pode xogar pero o noso protagonista deixouse levar e....como rematará a historia?
Como fixen nas entradas anteriores busquei o conto en vídeo pero non houbo sorte. Ofrézovos, a cambio, a historia de "La princesa de fuego". A ver se vos gusta!!!

(Obtido en Youtube- Pedro Pablo Hernández)

domingo, 29 de novembro de 2015

HORA DE LER (II).

Esta semana temos como protagonista na nosa "Hora de ler" a Beatriz. Ela quixo presentarnos  o libro  "21 historias de la granja" pero como ten moitos contos, decidiuse polo de "Gaspar , el gallo".
Esta historia non puiden  atopala en vídeo pero sí que encontrei o conto de El gallo Kirico, no blogue de Javier Merchante, El maestro cuentacuentos. Que vos guste!!!

mércores, 18 de novembro de 2015

COMEZAMOS A "HORA DE LER".

Como en anos anteriores seguimos coa nosa "Hora de Ler". Xusto cando entramos do recreo da tarde temos eses 20 minutiños reservados á lectura.Como sempre me deu moi bo resultado, imos seguir traendo libros da casa para formar a nosa biblioteca de aula e aproveitaremos para lerllos aos  nosos compañeiros/as. 
Estreouse na actividade Cristina que nos trouxo un libro de Caillou. Nesta historia, o noso amigo, debe recoller os seus xoguetes se quere gozar dalgo que lle gusta de verdade.
Montaxe feita con Pizap.

Deixovos a aventura en vídeo. Espero que a vexades....despois de ler o conto!!!