luns, 5 de xullo de 2021

TECE, TECEDEIRA!!! (III).

Imaxe de RÜSTÜ BOZKUS en Pixabay.com
Xa vos esquecestes de Patas Fracas? Pois nós non!!! Durante o curso tivemos o tema un pouco abandonado pero iso non significa que caera no esquecemento. Contámovos que fixemos!!!!
Na segunda avaliación traballamos na "Hora der ler" o conto "A araña que lles tiña medo ás arañas" de Ramón D. Veiga.  Trouxo á clase Marcos e pareceunos estupendo para ler todos/as xuntos/as. Despois de falar sobre el, fixemos uns debuxos poñéndolle á historia un novo título. Ollade!!!
Montaxes realizadas con PiZap.
Déixovos esta preciosa adaptación do conto feita pola profe Lola. Que vos guste!!!

Obtido no canal de Youtube da profe LOLA
Noutra entrada, o final do proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario