mércores, 7 de xullo de 2021

FESTA DE FIN DE CURSO.

Imaxe de Please Don´t sell My Artwork AS IS en Pixabay.com
Non imos mentir, nin pintar todo de cor rosa; este curso que rematamos foi duro e asfixiante. Pero tampouco nos imos quedar co peor que tivo: voltamos ás aulas, conseguimos rematar 2º (case sen baixas) e aprendemos cousas non só nos libros. Bo balance!!!
Hoxe toca contar como pechamos este periplo tan singular. Pois por todo o alto!!! Non podía ser doutro xeito.
Comezamos a mañá resolvendo eses flecos de última hora, sen os cales a vida non sería tan atractiva (ironía modo on). E media hora despois; totalmente preparados/as para ir ao cine. Puidemos ver "Luca" de Disney. A opción escollida por votación o día anterior, saíu dunha selección de varios títulos. Aínda que non foi do agrado de todos/as (iso é o que ten a democracia) ao final, gozámola e acompañámola cuns flocos de millo estupendos.
Xa por esas horas, empezaba a asomar o vermiño da fame e, dende o comedor, trouxéronnos uns emparedados de crema de cacao para chuchar os dedos, un zume e.... Un xeado!!!
Despois de semellante festín tivemos que queimar as calorías e, que mellor forma de facelo que ao ritmo da nosa amiga Priscila Dance. Que ben o pasamos "zumbeando"!
Montaxes realizadas con Pizap
Aquí non remata todo, eh? Noutra entrada máis!

2 comentarios:

  1. Una hermosa forma de concluir una año tan duro, rescatando lo positivo y con mucha alegría.
    Un gran abrazo Anabel.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Sandra.
      Un abrazo fuerte para ti también.

      Eliminar