mércores, 28 de xaneiro de 2015

CREANDO BARCOS,PERSEGUINDO SOÑOS.

"Mil barcos por un soño, mil barcos pola paz."
Baixo este precioso lema, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda, embárcase nun ambicioso reto: o de conseguir mil barcos de papel que naveguen cara a illa da paz o próximo 30 de xaneiro. Basándose na historia da nena Sadako Sasaki, no canto de grúas,os silledenses, pretenden construír naves que surquen mares de procelosas e intolerantes augas para alcanzar  a concordia e a conciliación.
Son moitos os "armadores e armadoras" que lles están botando unha man e, desde o cole de Forcarei, non quixemos ser menos. Participamos todos, que aínda que non somos moitísimos, facemos montón. Deixovos aquí  a nosa contribución desde a aula de cuarto.
Grazas profe Chus , por facernos a foto!!!

Aquí  queda  unha presentación para que vexades o proceso de creación.
E tamén un vídeo sobre o acontecido na vida de Sadako Sasaki. Na próxima entrega de "Como a vida mesma" traereivos unha curta animada sobre  a historia desta nena.

Queremos felicitar  aos compañeiros/as Colexio Plurilingüe María Inmaculada pola súa orixinal iniciativa e agradecerlles que pensasen en nós  para colaborar con eles.
GRACIÑAS, COMPAÑEIROS/AS E ...ATA A PRÓXIMA AVENTURA!!!

2 comentarios:

  1. Que boísima idea tiveron! Seguro que agradecen moitísimo a vosa participación. Un bico.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Unha idea preciosa, Ana. Están abrumados pola agarimosa resposta. Esperamos que consigan o reto. Un bico.

      Eliminar