Amosando publicacións coa etiqueta Animoto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animoto. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de abril de 2019

TODO PODE SER.

Hoxe traivos dúas actividades que fixemos con motivo  doutras dúas conmemoracións que celebramos na aula. Unha ten que ver co Día Internacional da Muller. Primeiro, escoitamos a canción de La guagua "Todo pode ser" e, ata cantamos algo. Despois de falar da letra e da igualdade, fixemos un debuxo daquelo que pensabamos que podía ser; porque  se o cres posible, TODO PODE SER!
Estas son as propostas.
A segunda actividade está relacionada co Día da Cocienciación sobre o Autismo. Tamén falamos do tema e, decidimos que si, que queriamos facer visible que existen persoas con diferentes maneiras de ver o mundo. Por iso volvemos a soltar a imaxinaxión para pensar que facer co símbolo nas nosas mans e que podiamos reflectir nun infinito sobre papel. Isto foi o que deu de si: Héctor fixo unha barba; Oliva, un pendente; Ainoa colocouse un lazo no pelo; Luis púxose elegante cunha gravata; Aarón decidiu voar; Diego observou o mundo cuns prismáticos; Natalia tivo que suxeitar os pantalóns cun cinto e Xeila colocouse unha paxariña ao pescozo.
Montaxe realizada con Pizap
Presentación realizada con Animoto

luns, 25 de setembro de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DO PUNTO.

Como xa vos comentei, o venres 15, celebrouse o Día Internacional do Punto. Lembrade a entrada aquí .
Nós, na aula, decidimos facer un achegamento a esta festa e a súa filosofía. Comezamos visisionando na pizarra dixital o conto "El Punto" de Peter H.Reynolds, que nos gustou moito.
Obtido no canal de Youtube de Marta.
Despois de comentalo e de falar do significado do día , decidimos (como Vashti) crear os nosos puntos. Pintamos un marco con ceras de cores e utilizamos témpera, pinceis e bastonciños para facer os puntos. Este foi o resultado.
Vídeo realizado con Animoto.
Por último, levámonos á casa unhas pegatinas conmemorativas.
Para o ano, máis e mellor!!! Intentaremos seguir a estela de Peter na nosa clase de Plástica. A ver que tal se nos da!
Ah, e grazas a Blanca por animarnos a participar!!!

venres, 29 de maio de 2015

UN RANGOLI MOI ESPECIAL.

Cada día,na India rural, unha muller da casa érguese ás 5:00 da mañá para realizar un rangoli e  darlle á benvida ás persoas importantes e atraer a sorte dos deuses. Pero como; que non sabedes  de que estou falando? Pois o mesmiño que todos nós antes de que se programase a visita de Lancy Dodem ao noso cole. Vaiamos por partes.
Lancy Dodem está considerado o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer. Se queredes saber máis cousiñas sobre el , clicade o enlace de Plataforma Editorial.
O día 21 de maio veu ao noso cole, grazas á invitación que lle fixo a profe Mª José e estivo contándonos moitos detalles do seu país de orixe, a India.
Para darlle a benvida todos no cole traballamos para elaborar un rangoli.
Se queredes saber como facelo premede aquí e iredes á páxina oficial da Fundación.
Eu deixovos  a nosa particular realización desta especie de "alfombra floral".

E tamén as crónicas que resumen o día para que vexades o ben que o pasamos.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

CREANDO BARCOS,PERSEGUINDO SOÑOS.

"Mil barcos por un soño, mil barcos pola paz."
Baixo este precioso lema, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda, embárcase nun ambicioso reto: o de conseguir mil barcos de papel que naveguen cara a illa da paz o próximo 30 de xaneiro. Basándose na historia da nena Sadako Sasaki, no canto de grúas,os silledenses, pretenden construír naves que surquen mares de procelosas e intolerantes augas para alcanzar  a concordia e a conciliación.
Son moitos os "armadores e armadoras" que lles están botando unha man e, desde o cole de Forcarei, non quixemos ser menos. Participamos todos, que aínda que non somos moitísimos, facemos montón. Deixovos aquí  a nosa contribución desde a aula de cuarto.
Grazas profe Chus , por facernos a foto!!!

Aquí  queda  unha presentación para que vexades o proceso de creación.
E tamén un vídeo sobre o acontecido na vida de Sadako Sasaki. Na próxima entrega de "Como a vida mesma" traereivos unha curta animada sobre  a historia desta nena.

Queremos felicitar  aos compañeiros/as Colexio Plurilingüe María Inmaculada pola súa orixinal iniciativa e agradecerlles que pensasen en nós  para colaborar con eles.
GRACIÑAS, COMPAÑEIROS/AS E ...ATA A PRÓXIMA AVENTURA!!!

domingo, 30 de novembro de 2014

RETALLOS DO MAGOSTO.

Aínda non tivera ocasión de subirvos nada sobre o magosto.Aquí vos deixo unhas fotos que testemuñan o ben que o pasamos e de paso, xa vos quedan as crónicas que realizamos sobre ese día.


mércores, 26 de febreiro de 2014

VOLVE ROSALÍA!!! (II)

Este é o recordo dun día marabilloso:
da Rosalía compartida,
do agarimo do verso,
dunha man amiga
que flota no universo.
GRAZAS .

luns, 11 de marzo de 2013

TARDE LABREGA.

O mércores 6 de marzo, na clase de 3º do CEIP Nosa Señora das Dores,vivimos una tarde moi especial. Non tivemos unha mestra ,coma todos os días , senón seis estupendas avoas que viñeron a contarnos como era a vida dos labregos fai anos. Isto  foi grazas a que no cole , o proxecto Documental Integrado que estamos levando a cabo é sobre os oficios tradicionais galego e, a clase de 3º, escollemos os labregos e labregas.Agradecémoslle as nosas avoas que deixasen as súas tarefas diarias para  facernos pasar unha divertida tarde chea de sabedoría,risas e....unha saborosa rosca!!!(Obsequio do cole para todos)


UN MILLÓN DE GRAZAS,AVOAS!!!
Tamén temos que agradecerlle ás reportiras gráficas ( ou dicharacheiras) a súa labor: Grazas Marta e Vane, para a próxima estades invitadas.

mércores, 27 de febreiro de 2013

VIAXAMOS PARA APRENDER.


O mércores,20 de febreiro,realizamos unha saída a Santiago os cursos de 3º, 4º,5º e 6º de Primaria.Como o noso Proxecto Documental Integrado vai sobre os oficios tradicionais galegos a primeira visita realizámola ao Museo do Pobo Galego, onde hai material diverso sobre os oficios.Os de 3º fixemos un xogo de pistas por todo o museo cos nenos de 4º.Rematada a visita puxemos rumbo á Cidade da Cultura ,onde nos explicaron moitas cousas sobre ela e vimos a exposición Gallaecia petrea. Despois de xantar, voltamos ao cole con gañas de repetir experiencia.

luns, 11 de febreiro de 2013

ENTROIDO 2013(III).


Aquí vos queda un pequeno resumo do que fixemos neste tempo de festa. Fundamentalmente,pasalo ben!!!