luns, 11 de marzo de 2013

TARDE LABREGA.

O mércores 6 de marzo, na clase de 3º do CEIP Nosa Señora das Dores,vivimos una tarde moi especial. Non tivemos unha mestra ,coma todos os días , senón seis estupendas avoas que viñeron a contarnos como era a vida dos labregos fai anos. Isto  foi grazas a que no cole , o proxecto Documental Integrado que estamos levando a cabo é sobre os oficios tradicionais galego e, a clase de 3º, escollemos os labregos e labregas.Agradecémoslle as nosas avoas que deixasen as súas tarefas diarias para  facernos pasar unha divertida tarde chea de sabedoría,risas e....unha saborosa rosca!!!(Obsequio do cole para todos)


UN MILLÓN DE GRAZAS,AVOAS!!!
Tamén temos que agradecerlle ás reportiras gráficas ( ou dicharacheiras) a súa labor: Grazas Marta e Vane, para a próxima estades invitadas.

4 comentarios:

  1. Gustoume moito a visita das avoas. E á miña avoa tamén. Esperamos volver a repetir. Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén quedei encantada coa visita, Martín.A ver que nos depara o futuro.Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas a vós, por permitirme entrar sempre por esa "gran porta" que tedes de ideas, de sentimentos, emocións, experiencias, actividades..... Alédame moito que contedes coas familias nos vosos traballos, e sobre todo e de xeito especial cos vosos maiores. Noraboa profe por esta fermosa iniciativa.

    ResponderEliminar
  4. As boas ideas sempre se inspiran nos traballos ben feitos e ,como non estamos solos no mundo, tamén se levan a cabo coa axuda dos demais.As grazas non se merecen porque sin tan valiosas colaboracións as "boas ideas" non se poderían relizar.

    ResponderEliminar