lunes, 26 de enero de 2015

COMO A VIDA MESMA (X) (2014-2015)

Xa sabemos o día que imos celebrar o venres e, aproveitando esta data, a nosa sección semanal tráenos un vídeo musical dun peculiar cantante barcelonés. Gústame especialmente polas súas alegres melodías,as  letras comprometidas e unha filosofía de vida chea de valores necesarios.
Como xa dixemos en moitas ocasións, a paz está en consonancia con moitas cousas pero é contraria a outras. Non é tan simple como paz contrario de guerra, senon  que engloba moitas actitudes e comportamentos.Para conseguir unha paz conxunta e duradeira, primeiro debemos estar en paz con nós mesmos e despois desexar conseguir o mesmo estado cos demais. Eu estou convencida que na base de todo isto está o amor, porque se queres ao outro, como lastimalo?,como envexalo?,como desexarlle nada malo?
Pois iso é o que nos conta Macaco nesta canción "Love is the only way". Se o amor é o único camiño, por que non seguilo?
Esta é unha canción que xa coñecía, pero o outro día vina no blogue da profe Encarni, da Biblioteca Gregorio Marañón (La Cala de Moral- Málaga) e pareceume moi axeitada. Que pensades vós?

2 comentarios:

  1. Eu tamén creo que é moi axeitada, Anabel e persoalmente gústame moito. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A mín gústame moito a súa música e ademais ten mensaxe. Que máis se pode pedir?Unha morea de bicos.

      Eliminar