Imaxe atopada na rede.
Amosando publicacións coa etiqueta Reflexión b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reflexión b>. Amosar todas as publicacións
luns, 22 de xuño de 2015
COMO A VIDA MESMA(XXIX) (2014-2015)
luns, 15 de xuño de 2015
COMO A VIDA MESMA (XXVIII) (2014-2015)
Hoxe na nosa sección falaremos de lectura que xa que se achega o verán, non está de máis algunha suxestión.
Fai un tempo, en Docentes para el Fomento de la Lectura, recomendaron o libro "El superzorro" do autor Roald Dahl, que xa foi protagonista dalgunha das nosas entradas ( e dos puntos tamén). Esta é a reseña do libro que publicaron:
Libro del día: El Superzorro, de Roald Dahl.
Un valle, tres granjas, tres malvados granjeros y un bosque. Y en él, don Zorro, tratando de escapar a las trampas de los granjeros. Una vez más Roald Dahl consigue despertar el interés de los jóvenes lectores con esta trama de buenos y malos tan llena de gracia en la que queda demostrado que la bondad no está reñida con el ingenio y que los malos no siempre son los más listos. Una sencilla historia con apariencia de cuento clásico, con animales personificados y una
trama sugerente con personajes cercanos y muy atractivos para el niño.
Pero tamén publicaron o trailer da película que se fixo, baseada en dito texto, e como o falamos en clase e me dixestes que queriades velo, aquí vos vai.
Xa me contaredes que vos parece!!!
Un valle, tres granjas, tres malvados granjeros y un bosque. Y en él, don Zorro, tratando de escapar a las trampas de los granjeros. Una vez más Roald Dahl consigue despertar el interés de los jóvenes lectores con esta trama de buenos y malos tan llena de gracia en la que queda demostrado que la bondad no está reñida con el ingenio y que los malos no siempre son los más listos. Una sencilla historia con apariencia de cuento clásico, con animales personificados y una
trama sugerente con personajes cercanos y muy atractivos para el niño.
luns, 8 de xuño de 2015
COMO A VIDA MESMA (XXVII) (2014-2015).
"La inspiración para 'Solo respira' vino hace poco más de un año cuando escuché a mi hijo de 5 años hablando con sus amigos acerca de cómo las emociones afectan diferentes áreas del cerebro, y cómo calmarse tomando algunas respiraciones profundas — cosas que estaban aprendiendo en el jardín infantil de su escuela, "Ciudadanos del Mundo', en Mar Vista, California. Estaba sorprendida y dichosa de ser testigo de cuán significativo estaba siendo el aprendizaje socio-emocional en una escuela primaria en estas mentes tan jóvenes. (...)
Como realizadora, siempre estoy interesada en encontrar un tema digno de ser filmado y sentí que Mindfulness era un concepto que era necesario comunicar visualmente. Por suerte, mi pareja, que es también mi compañero haciendo películas, estuvo de acuerdo. Hicimos "Solo respira" con nuestro hijo, sus compañeros de clase y con sus familiares un sábado en la tarde. El vídeo no tiene guión – lo que los niños dicen está exclusivamente basado en su comprensión neuro-científica de las emociones difíciles, y cómo pueden afrontarlas a través de la respiración y la meditación. Ellos, a su vez, nos enseñan a todos nosotros..."
luns, 1 de xuño de 2015
COMO A VIDA MESMA (XXVI) (2014-2015)
luns, 25 de maio de 2015
COMO A VIDA MESMA (XXV) (2014-2015) +PUNTOS.
Hoxe tócanos un pouquiño de reflexión a través dun conto oriental que atopei na rede e despois "tuneei"un pouco. Aquí volo deixo.
Pero isto é pouco, non? Aproveitamos para uns puntiños? Pois imos logo!
Na primeira parte dos puntos deberedes escribir que ensinanza sacades vós do conto que acabades de ler neste post e na segunda....atentos ás intrucións!:
-1º. Buscade a entrada sobre os museos.
-2º. Accedede a cada un deles.
-3º. Copiade 3 obras de cada museo xunto co nome do autor e a data de realización.
Deixovos un enlace a obras do Museo do Louvre porque na visita virtual non aparecen nomes de obras:
Tedes ata o luns, día 1 de xuño, para entregar o traballo e conseguir 5 puntos.
Vamos chicos/as; xa estamos na recta final!!!
domingo, 17 de maio de 2015
COMO A VIDA MESMA((XXIV( (2014-2015)
Hoxe temos que traer á nosa sección un par de celebracións importantes. Onte celebramos as Nosas Letras por todo o alto e non dixemos nada para non facerlle sombra pero tamén era o día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade de Información.O Intef ofrécenos algúns recursos para traballar este tema, solo hai que premer na imaxe para ver o contido.
Ao abeiro desta data quero facer unha reflexión.
É evidente que as redes sociais cobran cada vez máis relevancia(que non se debería confundir con importancia) nas nosas vidas.Como adultos temos, na maioría dos casos, a capacidade suficiente como para elexir que facemos e como, na rede. Pero que pasa cos nenos/as e adolescentes? Existen redes creadas exclusivamente para eles, onde a presenza de pais/nais e mestres é imprescindible.
A revista educativa Educación 3.0 ofrécenos cinco posiblilidades de redes sociais para menores.
Clicade na imaxe para acceder á información.
Noutra orde de cousas , dicir que hoxe é o día Internacional dos Museos, que se celebra desde o ano 1977. Non se me ocorre mellor maneira de festexar este día que cunhas cantas visitas virtuais a algún dos museos máis prestixiosos do mundo.
Museo do Prado (Madrid- España)
Museo Guggenheim (Bilbao- España).
Museo de Arte Moderno (MOMA) ( Nova York- EEUU).
(En inglés)
Museo do Louvre(París-Francia).
BOA VISITA!!!
luns, 11 de maio de 2015
COMO A VIDA MESMA (XXIII) (2014-2015)
Caricatura de Dalí de Loili Detoni.
Tal día coma hoxe, no ano 1904, aterraba neste mundo, un xenio surrealista e incomparable, Salvador Dalí. Pintor, escultor, gravador,escenógrafo e escritor foi , e segue a ser, unha das grandes figuras da Arte Mundial con maiúsculas. Hoxe, quero deixarvos para a reflexión, unhas pequenas pinceladas artísticas, que non son pretenciosas, queren ser iniciadoras e creadoras de curiosidade. A ver que tal resulta!!!
Buceando pola rede atopei varias cousiñas:
-Unha introducción á figura de Dalí.
luns, 4 de maio de 2015
COMO A VIDA MESMA (XXII( (2014-2015) + PUNTOS.
Portada do libro sacada da rede.
Imaxe obtida en Trazos de Tinta
luns, 27 de abril de 2015
COMO A VIDA MESMA (XXII) (2014-2015).
Hoxe quero propoñervos para a reflexión dúas frases de célebres persoeiros que nos invitan a ter en consideración a mesma temática: o exemplo.
Podería parecer que estas frases solamente van dirixidas aos pais, nais e adultos en xeral, pero non debedes esquecer que, a vosa idade, xa tendes observadores menores aos que poder arrastrar.
Arrastrádeos a hábitos saudables, á vida sana e a actividades que os fagan sentir ben con eles mesmos. Así contrubuiremos todos a construir un mundo mellor.
luns, 20 de abril de 2015
COMO A VIDA MESMA (XXI) (2014-2015)
Esta semana prevese intensa porque teremos a celebración do Día do Libro ( e o Día da Terra tamén). Así é, que imos ir quentando motores cun vídeo moi imaxinativo. Compartiuno a nosa amiga Encarni Valderrama da Biblioteca Gregorio Marañón ( La Cala del Moral-Málaga). Grazas por facelo visible para que o gocemos todos!!!
Antes de velo facédevos unha pregunta: que fan os libros polas noites cando ninguén os ve? Tal vez este vídeo vos aclare algo a dúbida.
No blogue Tetuánlee , Faustina Fernández publica esta interesante información sobre o Día do Libro. A ver que vos parece.
luns, 13 de abril de 2015
COMO A VIDA MESMA (XX) (2014-2015)+PUNTOS.
Hoxe,chega á nosa sección, unha fábula moi interesante, que se lle atribúe a varias persoas. Para min o realmente importante é o que nos pode ensinar. Botádelle un ollo e ide reflexionando porque... chegaron os os novos puntos!!!
Esta vez terán dúas partes. Estades preparados/as?
1ª parte:
1. Lede a fábula con atención.
2. Escribide a conclusión que sacades da súa lectura.
2ª parte:
1. Visitade o estupendo blogue da nosa amiga Marisa Alonso, POESÍA INFANTIL.
2. Escollede unha das súas preciosas poesías.
3. En un folio, ilustrádea. Incluíde o voso nome e a idade.
Tedes de prazo ata o próximo luns, 20 de abril, para entregar o traballo. E xa está, obteredes 5 puntiños e ao mellor temos sorpresa.
Animo chicos/as!!! Isto ten boa pinta!!!
luns, 6 de abril de 2015
COMO A VIDA MESMA (XIX)(2014-2015)
Imaxe obtida en Flickr
Premede para acceder á información desta data na páxina da OMS.
E para rematar este xogo que nos propón UNICEF.
luns, 23 de marzo de 2015
COMO A VIDA MESMA(XVIII) (2014-2015)
Imaxe obtida en Cartelitosface.
Xa vedes que hoxe a sección ven cargadiña. Son temas completamente diferentes pero quixen utilizar a actualidade para levarvos á reflexión. Creo que son asuntos ben interesantes e que lle podemos sacar partido, non credes?
(NOTA: para a semana que ven non teremos sección xa que estaremos de vacacións. A profe tamén o intentará).
luns, 16 de marzo de 2015
COMO A VIDA MESMA(XVII) (2014-12015)
Hoxe volta á nosa sección un vello coñecido, que persoalmente botaba de menos, Andrés Faro. Co seu humor cercano e respetuoso achéganos ás problemáticas cotiás cun sorriso. Nesta ocasión poñemos a vista nos dispositivos móbiles e o que poden ter de nocivos no noso día a día.No cole non están permitidos como obxectos persoais que se poidan traer da casa e nos recreos o balón é moi popular (ás veces ata conflictivo, pero ese é outro tema).A reflexión queda para o tempo de lecer e para cando se medra un pouco.
Onde queda o xuntarse coa panda para dar unha volta e facer algunha falcatruada?E tomar un café cuns amigos para poñerse ao día das nosas vidas?Se todo o solucionamos cun wassap ou unha pantalla, pronto perderemos o máis importante da nosa esencia: a HUMANIDADE.(Con todo o que iso conleva).
Aí o deixo!!!!
luns, 9 de marzo de 2015
COMO A VIDA MESMA (XVI)+PUNTOS
Como me coñecedes, nenos/as!!!!Pois sí, eu sigo de celebración. Onte foi 8 de marzo e hoxe é 9,e sigo querendo o mesmo mundo limpo, pacífico e igualitario para todos e para todas. Gustaríame, nesta ocasión, traervos unha das mellores voces do noso panorama musical; Guadi Galego, que nos intrerpreta "Matriarcas". Esta canción pertence ao seu último traballo discográfico"Lúas de outubro e agosto".
Xa sei que vos gusta outra música , pero debedes abrir os oídos e a mente a todo, para así poder escoller. Ademais , quen dixo que non nos poden gustar diferentes estilos? Gozádea e entendédea.
luns, 2 de marzo de 2015
COMO A VIDA MESMA (XV) (2014-2015)
O pasado sábado, 28 de febreiro, ademáis de celebrar o día de Andalucía , era o Día Mundial das Enfermidades Raras.Pensara en non mencionarvos esta data, non por pouco importante, senon por non saturarvos con recordatorios de enfermidades. Cando estaba preparando a sección, paseime polo blogue da amiga Natalia Longo ( Orientación Condesa) e lin o fermoso post que fixo sobre esta conmemoración. Aí foi cando pensei que tiña cabida dentro deste espazo aínda que xa pasara o día. A enfermidade é algo habitual que nos rodea e que o longo da vida nos tocará sufrir. Non tivestes nunca un arrefriado? E unha gastrite? Sei cal é a resposta porque esta última semana o que máis e o que menos estivo pachucho. Con isto quero facervos reflexionar sobre o significado de estar enfermo e ter unha cura. Pero.... e se a enfermidade é rara? E se os gobernos non invirten en investigación porque non o consideran rendible?E se de tanta reflexión un de vós sae investigador e inventa unha cura para unha destas enfermidades?
Si, quero quitarlle ferro, pero tamén desexo que abrades os ollos ao mundo porque nas vosas mans está cambialo.
Premede na imaxe para ler a interesante entrada de Natalia.
A FEDER(Federación Española de Enfermidades Raras) propuña este xesto para facer visible este colectivo nas redes: Pois nós sumámonos tarde, pero facémolo; porque as datas son solo iso, datas, e os problemas están aí todo o ano.
POLA VISIBILIZACIÓN DO IMPORTANTE!!!
domingo, 22 de febreiro de 2015
COMO A VIDA MESMA(XIV) (2014-2015) +PUNTOS.
Hoxe quero proñervos a lectura dunha pequena historia que nos pode ser moi útil na vida. É o Conto da ra que caeu no pozo, que atopei no blogue Enroque de ciencia de Carlos Roque Sánchez.
Está en castelán (para que non haxa queixas) e despois púxenvos unhas preguntiñas facilísimas para ver se vos fixastes durante a lectura.
Vou aproveitar para poñer uns NOVOS PUNTOS. Xogamos por 5 puntiños e temos que seguir estes pasos:
-Visitade a entrada Como a vida mesma (XIII) e despois de visionar a curta escribide unha reflexión sobre o significado da mesma( Que nos conta?, Que nos ensina?).
- A continuación, escribide as preguntas e repostas que aparecen neste Quiz Revolution sobre o Conto da ra que caeu no pozo (en castelán) e engadide a ensinanza que vós sacades do texto.
- Tendes de prazo ata o luns ,2 de marzo, para entregarmo.
E xa está!!!5 puntiños no voso peto!!!
luns, 16 de febreiro de 2015
COMO A VIDA MESMA (XIII) (2014-20215)
Fai dous días celebramos o día de San Valentín, que exalta o amor e a amizade. Xa sabedes que non son moito de datas concretas ( e menos se son comerciais),pero utilízoas para tratar determinados temas que deben estar nas nosas vidas a cotío.
Paseando polo blogue de Carmen Cardeñosa Jugando y aprendiendo juntos, atopei esta marabillosa xoia en forma de curta. Dirixida por Ludovic Gavillet, Derya Kocaurlu, Lucas Hudson e Colin Jean-Saunier como proxecto de fin de estudos para a Escola de Arte e Deseño Bellecour de Lyon, Monsterbox, preséntasenos como unha fermosa historia cunha calidade excepcional.
Gozádea e reflexionade sobre ela, tal vez caia algunha preguntiña nos próximos puntos!!!
Paseando polo blogue de Carmen Cardeñosa Jugando y aprendiendo juntos, atopei esta marabillosa xoia en forma de curta. Dirixida por Ludovic Gavillet, Derya Kocaurlu, Lucas Hudson e Colin Jean-Saunier como proxecto de fin de estudos para a Escola de Arte e Deseño Bellecour de Lyon, Monsterbox, preséntasenos como unha fermosa historia cunha calidade excepcional.
Gozádea e reflexionade sobre ela, tal vez caia algunha preguntiña nos próximos puntos!!!
luns, 9 de febreiro de 2015
COMO A VIDA MESMA (XII) (2014-2015)
Nesta ocasión imos utilizar a nosa sección de Como a vida mesma para recuperar un vídeo con preguntas sobre Nelson Mandela do ano pasado. Xa que estivemos coa temática da Paz, que mellor persoeiro para encarnar a loita pacifista en prol dun mundo igualitario e libre.
Tamén imos aproveitar para gañar 5 puntiños; que vos parece?
Debedes clicar na imaxe para acceder ao post e seguir as instrucións que alí aparecen. O prazo remata o venres 13 de febreiro. Se tedes dúbidas, preguntade.
Tamén imos aproveitar para gañar 5 puntiños; que vos parece?
Debedes clicar na imaxe para acceder ao post e seguir as instrucións que alí aparecen. O prazo remata o venres 13 de febreiro. Se tedes dúbidas, preguntade.
luns, 2 de febreiro de 2015
COMO A VIDA MESMA (XI) (2014-2015)
Noutro post (concretamente onde falabamos da fermosa e "mariñeira" iniciativa do cole María Inmaculada) anuncieivos, que na próxima entrega da nosa sección, vos traería a curta sobre a historia de Sadako Sasaki. Pois promesa cumprida!!!
Atopei un abecedario de lecturas para a Paz, en Docentes para el Fomento de la Lectura, cunhas recomendacións moi axeitadas para traballar o tema ou simplemente para gozar lendo.
Boa lectura!!!
Tamén vou aproveitar para deixarvos un enlace ao blogue do CEIP Santiago de Oliveira (Ponteareas), FRAGAREIS, que nos fala sobre a festividade da Candeloria e do casamento dos paxariños (que é hoxe).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)