lunes, 9 de marzo de 2015

COMO A VIDA MESMA (XVI)+PUNTOS

Como me coñecedes, nenos/as!!!!Pois sí, eu sigo de celebración. Onte foi 8 de marzo e hoxe é 9,e sigo querendo o mesmo mundo limpo, pacífico e igualitario para todos e para todas. Gustaríame, nesta ocasión, traervos unha das mellores voces do noso panorama musical; Guadi Galego, que nos intrerpreta "Matriarcas". Esta canción pertence ao seu último traballo discográfico"Lúas de outubro e agosto".
Xa sei que vos gusta outra música , pero debedes abrir os oídos e a mente  a todo, para así poder escoller. Ademais , quen dixo que non nos poden gustar diferentes estilos? Gozádea e entendédea.

E que vos parece se aproveito para poñer os últimos 5 puntiños do trimestre?Pois , veña, alá van.


O que tendes que facer é ben sinxelo:
1. Ollade o vídeo sobre corenta mulleres que fixeron historia.
2. Escollede 2 que vos chamen a atención e buscade o por que da súa relevancia ( a súa profesión, un feito histórico no que participaron, un descubrimento...)
3. Presentádeo da seguinte maneira: Nome, data de nacemento e falecemento e país de orixe ( Todo iso está no vídeo.Coidado:Margaret Tatcher xa faleceu). Engadide o que fixo de especial.
4.Por último,buscade outra muller extraordinaria, que non apareza no vídeo, e facede o mesmo.
O prazo de entrega será o próximo luns, 16 de marzo.
Veña, que xa os últimos da avaliación!!!

8 comentarios:

  1. Muchas gracias por unirte a la gran familia de CUADERNO DE COLORES. Yo también me quedo aquí contigo. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bienvenida a tu casa, Hada de los cuentos. Nuestra Hada particular (Perella) está encantada contigo y nosotros también.
      Un besito.

      Eliminar
  2. hola que bonita cancion e que verda di nela, gustoume moito,unha aperta .Mary-luz

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que tal, Mari Luz?Alégrome de que che gustase a canción.
      Saudiños

      Eliminar
  3. Hola profe¡¡¡
    Quería decirche que xa sei a que mulleres vou coller. Para que non haxa problemas son estas: Marie Curie e a astronauta ( que non sei ahora mismo como se chama).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estupendo, Ana; boa elección. Xa sabes que podes escoller ás dúas que máis che gusten.

      Eliminar
  4. Encántame a canción, Anabel. Tes moi bo gusto. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Ana. Alégrome de que che guste.
      Biquiños.

      Eliminar