miércoles, 11 de marzo de 2015

CAMIÑANTE NON HAI CAMIÑO.

Cartel da Película.
Se premes sobre el, irás á páxina oficial do filme.

O mércores pasado, visitamos o Auditorio de Soutelo de Montes (que lástima ter un auditorio e que o frío cho faga aborrecer) para visionar o filme de Pascal Plisson "Camino a la escuela" .A película resultounos moi interesante, sobre todo porque nós non temos practicamente obstáculos para acceder ao colexio.
Aquí vos deixo o trailer da película e as crónicas  dos alumnos / as sobre este día.



4 comentarios:

  1. Hola profe.
    A verdade é que non vira o trailer pero é moi triste todo :(.
    Por certo gustáronme moito as crónicas :).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Ana:
      A ver , temos que sacarlle a mensaxe positiva a todo. Primeiro para recoñecer a sorte que temos nós e despois para traballar intentando que rematen as inxustizas . De todas maneiras eran nenos e nenas felices por ir á escola e con soños por cumprir. Ogallá se fagan realidade.

      Eliminar
  2. As crónicas fabulosas. Noraboa aos escritores! A película seguro que lles chamou moito a atención. Que afortunados son todos os nosos nenos por poder ir ao cole sen problemas! Unha aperta e bo domingo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas, Ana.Tes toda a razón, somos realmente afortunados de haber nacido aquí.
      Biquiños e boa semana.

      Eliminar