martes, 3 de febrero de 2015

SEMANA DA PAZ.

 A semana pasada  dedicámola no cole á paz e ao amor. Dúas palabras bonitas que deben trascender máis alá do seu significado, materializándose nas nosas vidas e facéndose cotiás no mundo. Propuxéronnos algúns retos e ofertáronnos lecturas e representacións do máis variado.
Un día visitamos a aula de terceiro, invitados pola mestra Chus, para cantar xuntos unha canción de Gisela "Paz y amor".
 Biblo, a mascota da nosa biblioteca pediunos colaboración para decorar os corredores do cole realizando, xunto coas familias, un boneco decorado.



Como nós fixemos lectura polo Samaín nesta ocasión tocounos escoitar aos compis.
Visitamos a biblio para escoitar aos compañeiros/as de 1º recitar unhas poesías sobre a Paz, aos nenos/as de 6º contarnos "La leyenda del arco iris" e rematar cantando xuntos unha canción;aos de 5º, recitar poemas inventados por eles mesmos e representar "El pez Arcoiris" no teatro de marionetas e aos chicos/as de Infantil de 4 e 5 anos contarnos os tipos de bicos que hai e porque teñen diferente cor. Despois escollemos os bicos que máis nos gustaban e asinamos neles recibindo a cambio un bico da nosa cor.
O día da celebración xuntámonos todos no salón de actos e,como colofón a unha gran semana,interpretamos a canción "Hoy cantamos por la Paz". Tamén comezamos un mural para recoller normas de convivencia pacífica, pero como a Paz é todo o ano.....xa haberá tempo de rematalo!!!

6 comentarios:

  1. Respuestas
    1. De nada, Blanca. Es un placer.
      Un saludo.

      Eliminar
  2. Que gran semana tivéchedes, Anabel! Encantoume todo o que fixestes. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, Ana. O certo é que foi intensa pero moi gratificante.
      Biquiños.

      Eliminar
  3. Gustoume moito foi o dos vesos e o das muñecas
    Sheila

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben , Sheila!!! <temos que seguir traballando en cousiñas que vos gusten tanto.

      Eliminar