Recordades a fantástica visita coa que nos agasallou Ismael Baloira? Pois ademáis do partido que lle sacamos ese día, con toda a información que nos deu, tamén a aproveitamos para facer unhas estupendas descricións do noso amigo. A ver se o recoñecedes!!!
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2016-2027 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2016-2027 b>. Amosar todas as publicacións
martes, 14 de febreiro de 2017
DESCRIBINDO A ISMAEL.
sábado, 11 de febreiro de 2017
VISIBILIZANDO ÁS MULLERES CIENTÍFICAS.
Imaxe de Anna Medina para conmemorar este día.
O 15 de decembro de 2015, instaurouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Escolleuse o 11 de febreiro para conmemorar a data e promover a participación feminina en condicións de igualdade no ámbito da Ciencia.Na páxina de Nacións Unidas tedes máis información.
A iniciativa 11 de febrero pretende fomentar a organización de actividades e materiais que conmemoren este día en España.O seu obxectivo é contribuir a que se iguale a participación entre homes e mulleres no ámbito científico. Clicade na imaxe para ver o que pretenden.
En Elige educar atopei 13 audiocontos sobre outras tantas mulleres da Ciencia que me pareceron moi chulos.Están narrados fantasticamente por Estíbaliz Espinosa. Se premedes na imaxe accederedes a toda a información.
FELIZ DÍA, MULLERES E NENAS CIENTÍFICAS!!!
Quedádevos con esta entrada,nenos e nenas , porque seguro que algo argallamos.
mércores, 8 de febreiro de 2017
UNHA VISITA SORPRESA.
O día 25 de xaneiro aterrou na nosa clase, Ismael Baloira, asesor comercial de Edelvives. É moi común que Ismael se pase polo cole a falar cos profes pero.... cos nenos e nenas? Pois sí, así foi. O que comezou como unha broma no curso pasado foi tomando forma e materializouse o outro día.
Pasámolo realmente xenial con el, xa que veu a contarnos o proceso de creación dun libro: desde que un autor ten unha idea ata que chega as nosas mans. Tamén nos falou do seu traballo e agasallounos cuns libriños en branco para escribir nós a historia e uns bolis máxicos que escriben contos.
Nós tamén quixemos ter un detalliño con el e fomos a coincidir no presente.
Aquí vos deixo unhas instantáneas que dan conta do que foi a charla.
Montaxe realizada con PiZap.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO, ISMAEL!!!
AGARDAMOS NOVAS AVENTURAS!!!
luns, 30 de xaneiro de 2017
PAZ 2017
Imaxe atopada na rede.
Deixovos unha recomendación de 10 libros infantís sobre o respecto , a empatía e a tolerancia; accións clave para conseguir a Paz. Atopeina na páxina de Sapos y Princesas.
FELIZ DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA!!!
xoves, 26 de xaneiro de 2017
RECURSOS PAZ 2017.
Imaxe obtida en dreamstime.com.
Estase achegando a data na que nos coles celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Aínda que todos os día traballemos nesta liña de actuación unha data de festexo tampouco está mal.Por iso vos deixo unha compilación de recursos sobre o tema que espero vos sexan de utilidade.Premede na imaxe para acceder.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)