Amosando publicacións coa etiqueta Día Muller Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Muller Ciencia. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de febreiro de 2023

CELEBRACIÓN DO 11F.

Imaxe de treintayseis
Como xa dixemos na entrada anterior, celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia cunha estupenda sesión de Ciencia, enmarcada na "Maxia dos venres" da biblioteca. Esta actividade levárona a cabo alumnos/as do IES "Chano Piñeiro" coa súa mestra María García Chao á fronte.

sábado, 11 de febreiro de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA (2023).

Imaxe de  Colectivo Violeta DH
Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nós onte festexámolo no cole pero iso será para outra entrada. Nesta, imos con información!

luns, 28 de febreiro de 2022

CELEBRACIÓN DO 11F.

Imaxe  atopada na páxina da Universidade da Coruña
O 11 de febreiro festexamos a presenza das mulleres e as nenas na Ciencia. Pero durante toda esa semana, na biblioteca, realizáronse actividades de alfabetización informacional para 3º, 4º e 5º de primaria.

venres, 11 de febreiro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA(2022).

Hoxe é un deses días que compre festexar porque aínda queda moito camiño para chegar a unha igualdade  no mundo da ciencia e, por iso, debemos facer visible esta realidade.

domingo, 7 de novembro de 2021

PARABÉNS, MARIE!!!

Imaxe de Kikibú
Xa que estamos en novembro, un mes  moi científico, hoxe imos lembrar a Marie Curie. Naceu un 7 do presente mes de fai 154 anos. Esta  extraordinaria muller demostroulle ao mundo do que era capaz grazas ao seu esforzo e dedicación.

xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2021.

Imaxe obtida en www.universalmedios.com.ar
O 11 de febreiro queremos celebrar que as mulleres e as nenas podemos chegar a calquera lugar e destacar en calquera ámbito, no das ciencias tamén.

martes, 11 de febreiro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA 2020.

Atopada en Sociedad Bioquímica y Biología Molecular de Chile.
Hoxe, 11 de febreiro,  celebramos  a presenza de nenas e mulleres na Ciencia; as que xa estiveron, as presentes e as que virán. Nenas que estudan nos nosos centros e que serán as científicas do mañá ou o que elas queiran  ser.
Na páxina de Mujeres con Ciencia aparecen moitas destas científicas que tan importantes foron polos seus decubrimentos.

luns, 11 de febreiro de 2019

CIENCIA: COUSA DE MULLERES.

Imaxe atopada na rede
Por terceiro ano consecutivo realízase a Iniciativa  do 11 de febreiro , que é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e que pretende sacar á luz as científicas e fomentar vocacións. Para obter máis información sobre o tema , clicade na imaxe.
Este é o vídeo da Iniciativa.

Obtido no canal de Youtube  Iniciativa 11 de febrero
No Diario de Pontevedra de onte aparece unha actividade que se levará a cabo hoxe  e que ten que ver con cinco científicas galegas. Informádevos  premendo no logotipo do xornal.
No diario Praza Pública, aparecen unha ducia de mulleres científicas galegas.
No blogue de Sandra Ferrer Valero, Mujeres en la historia,  hai unha compilación de mulleres relacionadas coa ciencia.
Tamén vos deixo o enlace a entradas anteriores, por se vos interesa. Pinchade aquí.
FELIZ DÍA!!

domingo, 11 de febreiro de 2018

DÍA DAS CIENTÍFICAS.

Imaxe obtida en http://salamancartvaldia.es
Chegados ao 11 de febreiro temos que festexar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que  pretende visibilizar o labor científico das mulleres e fomentar a vocación nas nenas.
Para que vexades unhas cantas iniciativas e recursos sobre o tema, déixovos un enlace á páxina Educación 3.0.
Tamén vos deixo o vídeo producido por  K2000 para a Cátedra de Cultura Científica do País Vasco con motivo deste día.
Obtido no canal de Youtube  de MEDIAPRO.
FELIZ DÍA!!!

sábado, 11 de febreiro de 2017

VISIBILIZANDO ÁS MULLERES CIENTÍFICAS.

Imaxe de Anna Medina para conmemorar este día.
O 15 de decembro de 2015, instaurouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Escolleuse o 11 de febreiro para conmemorar a data  e promover a participación feminina en condicións de igualdade no ámbito da Ciencia.
Na páxina de Nacións Unidas tedes máis información.
A iniciativa 11 de febrero pretende fomentar a organización de actividades e materiais que conmemoren este día en España.O seu obxectivo é contribuir a que se iguale a participación entre homes e mulleres no ámbito científico. Clicade na imaxe para ver o que pretenden.
En Elige educar atopei 13 audiocontos sobre outras tantas mulleres da Ciencia que me pareceron moi chulos.Están narrados fantasticamente por Estíbaliz Espinosa. Se premedes na imaxe accederedes a toda a información.
FELIZ DÍA,  MULLERES E NENAS CIENTÍFICAS!!!
Quedádevos con esta entrada,nenos e nenas , porque  seguro que algo argallamos.