Imaxe obtida en www.universalmedios.com.ar
O 11 de febreiro queremos celebrar que as mulleres e as nenas podemos chegar a calquera lugar e destacar en calquera ámbito, no das ciencias tamén. Neste Día Internacional reivindicamos o que corresponde ás científicas de todos os tempos para que non siga a producirse o efecto Matilda. Como? Que non sabedes o que é? Prestade atención!!!
En Casa del Libro tendes un montón de recomendacións para ler sobre mulleres científicas. (Póñovos esta páxina, non para que merquedes senón porque ten moitísimos libros e reseñas).
Sabedes o que é un "Doodle de Google"? "Unha alteración temporal do logotipo na páxina principal de Google que pretende celebrar festas, eventos, logros ou persoas." (Fonte: https://es.wikipedia.org/). Na páxina de Mujeres con ciencia aparece unha entrada con doodles de mulleres relacionadas coa ciencia.
Para ir rematando esta fascinante celebración un par de actividades. A primeira proposta ven da Universidade da Coruña, "Atrévete a pescudar con elas", realizado para dar a coñecer a traxectoria de diferentes científicas.
A segunda proposta é de teatro científico realizado por cinco profesoras e un técnico de laboratorio da Universidade de Sevilla. Para captar a atención dos nosos nenos/as estaría ben que fosen vendo as historias de forma independente.
Una entrada genial, importante y muy actual.
ResponderEliminarBesitos
Conoces los libros Matilda Einstein, Matilda Fleming y Matilda Schödinger??? No sé si hay más de esta colección, los tendré que buscar. bss
ResponderEliminarCreo que solo son tres, Blanca,
EliminarUn besote.
Me encantó el video de las científicas en corto. Una entrada espectacular.
ResponderEliminarSaludos.
¡Muchísimas gracias, Mirian!
EliminarUn abrazo.