Imaxe atopada en Pixabay.com
Tranquilo/as, o título non está equivocado!! Correspóndese cunha das primeiras actividades que fixemos na biblio desde que abriu : "Cita a cegas cun libro". Os profes escollemos libros que nos pareceu que lle podían gustar aos nosos nenos/as, coa axuda do alumnado de 6º de primaria empaquetámolos e escribímoslle unha pista sobre o seu contido. Unha vez na biblioteca, cada un escolleu o seu libro guiándose polo atractivo da frase e levouno para a súa casa. Polo que contaron uns días despois, houbo pleno de frechazos. Que ben!!!
(As fotos son de profesinal, como podedes observar facía sol e tiñamos a persiana a medio baixar. Évos o que hai!)
Tamén recibimos uns pasaportes para ir anotando os libros que imos lendo e que nos selarán cada vez que devolvamos unha lectura.
Montaxes realizadas con Pizap
Hermosa propuesta para incentivar la lectura ¡Felicitaciones!
ResponderEliminarUn abrazo.
Muchas gracias, Sandra.
EliminarUn besazo.