Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto correo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto correo. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xullo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (VII).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Para culminar o noso querido proxecto, fxemos unha visita á Oficina de Correos cando realizamos a nosa saída por Forcarei. Se premedes sobre a imaxe , poderedes consultar dita visita.
Para que as nosas cartas non se perderan fixémoslle un libriño. Así traballamos.
Montaxe realizada con PiZap
Aprendemos que é unha carta e para que serve, describimos ao noso remitente, escribimos as partes dunha carta e os seus tipos e mandamos, desde Correos, unha carta sorpresa a un compañeiro/a. O resultado foi este.
Moitísimas grazas a todos/as os que fixestes posible este marabilloso proxecto: ás familias, aos remitentes e ao noso particular carteiro Pat (o profe Javi).

xoves, 18 de xullo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (VI).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa nos queda pouco que contar sobre o noso experimento co correo pero aínda non rematamos de todo. Héctor foi o máis afortunado de todos nós porque chegou a ter unha terceira carta.
A última carta que recibimos foi para Aarón de parte da profe Estela. Traía unha sorpresa estupenda para a nosa clase. Moitas grazas, profe Estela!
Que libros tan marabillosos!!!
Montaxes realizadas con PiZap
Todos os días abriamos o buzón e a profe gravaba a reacción ao que houbera. Non había carta sempre. Ollade o que pasaba.

Vídeos obtidos no canal de Youtue de Anabel García
Noutra entrada, o final do proxecto.

martes, 16 de xullo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (V)

Imaxe obtida en Pixabay.com
Xa rematando o curso seguimos recollendo cartas no noso particular buzón. Héctor recibiu unha con agasallo incluído. A tía Luz envioulle unha preciosa postal, unhas fotos dunha celebración familiar e unha xenial pelota inchable para xogar no verán. Espero que a esteades disfrutando!!
Diego tamén tivo a sorte  de recoller unha carta da profe Silvana. Xa pensou que non chegaba máis! Nesta vida hai que aprender a esperar..
A profe Silvia , que anda moi atarefada, escribiulle a Oliva e reveloulle un segredo moi importante. Todos/as compartimos a súa ledicia!
Vídeos obtidos no canal de Youtube de Anabel García
Montaxes ralizadas con PiZap

sábado, 6 de xullo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (IV)

Imaxe atopada en Pixabay.com
Seguímosvos contando como recibimos  as cartas na nosa aula. Alá polo mes de marzo foi Xeila a afortunada en obter unha  resposta. Así reaccionou!
O meu querido Iago volveu a contestarme dende o Reino Unido e tivo un detalle precioso. Comenteille que estabamos a traballar sobre o mar e envioume unha postal  co  impoñente faro Beachy Head en East Sussex. Se premedes sobre o nome poderedes ver máis fotos do faro.

E a prima Maca tampouco nos fallou e contestoulle a Luis a súa segunda carta. Foi toda unha sorpresa!
Vídeos obtidos no canal de Youtube de Anabel García
Montaxes reralizadas con PiZap

sábado, 29 de xuño de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (III).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Aínda nos queda moito que contar do noso proxecto das cartas, así que non imos perder tempo. O seguinte en ter a sorte de recibir correo foi Diego. Ollade como o recibiu!

Poucos días despois, tivo a mesma sorte Aarón.
Pero as súas marabillosas cartas non viñan soas senón con sorpresas incluídas. A profe Silvana enviounos gomas en forma de dado e para a profe un boli super chulo cunha frase de Castelao (como os colecciono...). A profe Estela , non se quedou atrás, e enviounos gominolas e chupa chups para comer no recreo. Así os recibimos!
Tamén Ainoa se estreou en febreiro e foi unha grata sorpresa. Mirade que contenta estaba !
Vídeos obtidos no canal de Youtube de Anabel García
Montaxes realizadas con Pizap
Aínda recibimos máis cousiñas. Xa vos contaremos!

sábado, 20 de abril de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (II).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Seguimos contádovos como foi a recepción de novas cartas, que encheron a nosa aula de sorrisos e ledicia.
Teño que pedir desculpas porque  o segundo en recibir correo foi Luis pero eu empeñeime en que fora Héctor; cousas da idade, nenos/as! Dito isto, Luis recibiu contestación da súa curmá, Maca. Mirade como a recibiu!
Tamén Oliva tivo novas da profe Silvia (a súa profe en 5 anos), que foi  quen ela escolleu para escribirlle. Nesta ocasión, a extensísima misiva , viña acompañada dun precioso collage fotográfico que a profe fixo con fotos dos nenos/as cando eran máis cativos. Gustounos a todos/as un montón!
Así recibiu Oliva a súa carta.
Vídeos obtidos no canal de Youtube Anabel García
Aquí vos deixo as súas cara cando as leron. É evidente que lles fixo mioita ilusión!
Montaxe realizada con PiZap 

luns, 25 de marzo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (II).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Quedamos en suspenso co que pasaría coas nosas cartas enviadas antes de Nadal. Para a nosa ledicia, nada máis voltar das vacacións agardábanos unha grata sorpresa.
Obtido no canal de Youtube de Anabel García.
O meu querido Iago contestara e a súa postal estaba esperando no buzón a ser lida. Contábanos moitas cousiñas desde o Reino Unido, onde está de "aventura laboral"( É que este chico vale moito!).
Non vos vaides a pensar que me puxen de primeira por ser a profe. O que pasa é que tiven a sorte de ser a primeira en recibir misiva. Queremos compartir con todos vós a nosa ledicia e o que recibimos pero, algúns detalles teñen que quedar entre nós e os nosos remitentes; Non se pode contar todo!!
Seguimos visitando diariamente o noso buzón e, uns días despois, pasou isto.
Obtido no canal de Youtube de Anabel García.
Foi  unha postal preciosa, chea de moito cariño. Ademáis traía unha bonita sorpresa : unha foto familiar para que Héctor os puidese ver cando os botase de menos!  Colocámola na aula nun lugar ben visible.
Montaxes realizadas con PiZap
Seguiremos informando!

luns, 11 de marzo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Alá polo  mes de novembro, falamos de escribir cartas. Desas  das de antes, das que van polo correo de toda a vida e chas achega o carteiro/a. 
Primeiro, cada un  decidiu a quen lle quería escribir. Iso levounos un pouco de tempo, porque algún quería escribirlle  ao seu curmán , que vía nas fins de semana. É normal!!!Saíu de todo: familia, antigos profes, amigos/as...
Despois houbo que buscar as direccións e escribir as cartas. Utilizamos unha plantilla común e cada un escribiu a súa. Despois de mandalas , so quedaba esperar.
Á volta das vacacións levouse mellor ao atopar un buzón tolo destinado á recepción das nosas misivas.
Montaxes realizadas con Pizap
Noutra entrada contareivos como foi o noso experimento. Atentos/as!!!