Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta 21 marzo. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta 21 marzo. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

martes, 1 de marzo de 2022

MARZO EN EFEMÉRIDES.

Montaxe sobre imaxe de Angelica Vainhel (Pixabay.com) realizada en PiZap
Xa estamos no mes de marzo e parece que a primavera quere agromar. Que outros eventos nos esperan neste mes? Botade un ollo!

sábado, 21 de marzo de 2026

21 DE MARZO:EFEMÉRIDES.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Recén estreada a primavera comezan a agromar celebracións e datas importantes. Como todas estas son do día 21(e son hoxe, sábado sábado), nós xa empezamos onte no cole.

mércores, 21 de marzo de 2018

21 DE MARZO.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Parece que coa chegada da primavera  non só se altera o sangue, senón que tamén se potencian as gañas de festa. Se onte recibiamos por todo o alto a nova estación(cun pouco de frío) e celebrabamos  a narración oral e a felicidade; hoxe non vai ser menos. O 21 de marzo tócanos:
- Día Mundial da Poesía: proposto en 1998 pola UNESCO, pretende apoiar a diversidade lingüística a través da acción poética.
Clica na imaxe para acceder a unha compilación de libros de poemas.
-Día Internacional dos Bosques: celébrase desde o 2013 levando a cabo actividades de concienciación da importancia dos bosques para a vida humana. Se  premedes sobre a imaxe obteredes máis información.
Cartel deste ano.
-Día Mundial da Síndrome de Down: aínda queda moito por visibilizar e normalizar coas persoas de capacidades diferentes, ou sexa, todos os seres humanos que poboamos o mundo. Todos temos diferentes habilidades e aptitudes. Para que vexades  como se divirten estes nenos/as coas súas mamis, aquí vos deixo este vídeo.
Obtido no canal de Youtube 50 Mums/50 Kids/1 Extra Chromosome
Non esquezades visitar as entradas de anos anteriores. Premede aquí.
FELIZ DÍA!!!

sábado, 23 de marzo de 2019

OUTRA DE CELEBRACIÓNS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa falamos  dunhas cantas festas o outro día, pero aínda hai máis.
-Día Mundial da Narración Oral.
Imaxe atopada na páxina Tercera vía
O 20 de marzo celebramos esta tradición ancestral, que todos practicamos algunha vez e a practicaron con nós tamén. Algo tan marabilloso como que che conten historias non se debería perder. Por iso, na páxina de Loqueleo de Santillana, aparecen os dereitos dos nenos/as  escoitar contos. A ver que vos parecen!
Obtido na páxina do Facebookde Loqueleo Santillana
- Día Internacional dos bosques.
Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa estudamos todas  as cousas importantes que nos poden proporcionar as plantas, moitas delas precisámolas para vivir. O 21 de marzo pousamos a vista nos bosques para poñer en valor todo o que nos ofrecen. A FAO (Food and Agriculture Organization) ou o que é o mesmo, a organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, preséntannos este precioso vídeo.
Obtido no canal de Youtube Food and Agriculture Organization
-Día Mundial da Auga.
Imaxe atopada en Pixabay.com
O 22 de marzo tócalle o turno a auga, que tanto necesitamos e que deberiamos coidar un pouco máis. Na páxina das Nacións Unidas tedes información sobre o obxectivo deste ano.
Para ver as entradas doutros anos, premeda aquí.
FELICES CELEBRACIÓNS!!

luns, 20 de marzo de 2017

RECURSOS PRIMAVERA 2017.

Imaxe atopada en Pixabay.

Xa chega a caloriña polas tardes de marzo, a brisa suave do mediodía,as flores agromando nas árbores, os paxariños que pían ventureiros. Sí, chegou a primavera. E con ela,un montón de celebracións neste mes de marzal. Por iso, imos  aló coa nosa recopilación primaveral.
- Na páxina de Orientación Andújar sempre hai  recursos para todas as ocasións.
-Na páxina de Tiching tamén podemos atopar cousas interesantes.
- Atopei este Pinterest de María Luisa López González que está cargadiño de estupendas ideas.
- Non esquecemos os recursos do ano anterior.
Para comezar coas celebracións, o día 21 de marzo,viviremos intensamente o Día da Poesía,
Imaxe atopada na rede.
xogaremos alegremente no Día da Árbore (Día Forestal Mundial) e
Imaxe atopada na rede.
visibilizaremos a igualdade no Día Mundial da Sídrome de Down.(Preme nas imaxes para ter máis información).
Imaxe atopada en Educación 2.0
FELIZ PRIMAVERA!!!!

luns, 23 de marzo de 2015

COMO A VIDA MESMA(XVIII) (2014-2015)

Como xa vos dixen o sábado, o 21  de marzo, celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down e voltamos ao tema dos días sinalados. Xa sabedes a miña opinión ao respecto pero tamén creo que se podemos visualizar determinadas cuestións, benvidas sexan as datas concretas!!!
Escollín este vídeo, que circulaba pola rede, porque creo que reflexa moi ben a relación entre nais e fillos  a secas, sen etiquetas, e , como moi ben di o slogan, a vida é outra cousa. 
O único que podemos facer con ela é vivila. Como? Iso xa é outro cantar!!!
Máis información aquí.

Tamén tivemos celebración onte,22 de marzo, o Día Mundial da Auga, este ano baixo o lema Sostibilidade. Escolleuse esta data, en 1993, para reflexionar sobre a función esencial da auga e para propiciar melloras para o seu aproveitamento.Se clicades sobre a imaxe poderedes aprender máis.
Imaxe obtida en Cartelitosface.

Xa vedes que hoxe a sección ven cargadiña. Son temas completamente diferentes pero quixen utilizar a actualidade para levarvos á reflexión. Creo que son asuntos ben interesantes e que lle podemos sacar partido, non credes?

(NOTA: para a semana que ven non teremos sección xa que estaremos de vacacións. A profe tamén o intentará).

luns, 5 de setembro de 2022

SETEMBRO EN EFEMÉRIDES.

Montaxe sobre imaxe de Lukas (Pixabay.com) realizada en PiZap
Dos dez meses que temos de clase, só nos faltaban as datas importantes de setembro. Neste curso, seguramente, recurra a estas entradas xa feitas para falarvos de celebracións, necesitamos optimizar o tempo!

sábado, 28 de marzo de 2015

SEMANA ARREDOR DA POESÍA.

Como o día 21 de marzo (sábado) celebrouse o Día Mundial da Poesía , na clase e no cole, andivemos a cen vivenciando esta data.Desde a Biblioteca  propuxéronnos a actividade do "Apadriñamento lector".
Como?Si, a nós pasounos o mesmo!!!
Consiste en apadriñar un compañeiro/a para lerlle un poema. Tamén  aproveitamos para escribir e ilustrar a poesía e así decorar o centro. Primeiro, fíxose un sorteo para xuntar ás parellas(apadriñaban 3º,4º,5ºe 6º), despois facíase a lectura no recreo da mañá e, por último, ilustrábase pola tarde.
Tivemos que facer un pouco de trampa. Xa levamos o poema escrito para decorar e que os nosos apadriñados nos axudaran a completalo en función da súa idade.
Na presentación seguinte poderedes ver o resultado dos nosos traballos. Clicade sobre as imaxes para velas ben.


Pero a profe tamén tivo un afillado, Hugo, de 4 anos.O que pasa é que o día da lectura os afillados aumentaron,jejeje.
E  este foi o resultado final.

luns, 21 de marzo de 2016

POESÍA DA AUGA.

O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía e o 22, o Día Mundial da Auga. Así que este ano toca entrada conxunta. Resulta que ambas datas resaltan elementos imprescindibles para os seres humanos, en diferentes dimensións, pero necesarias na vida.
Imaxe obtida en  cultura.elpais.com
A poesía, alimento da alma e transmisora de sentimentos, envólvenos diariamente nos milagres cotiás que temos a sorte de gozar: un amencer, un arco da vella no ceo,unha nova vida...
Pois como non só necesitamos sustento para o corpo , aquí vos deixo un par de exemplos de poesías que espero que vos gusten.
Imaxes obtidas de Docentes para el fomento de la Lectura.

Imaxe de Pamela Gómez.
Auga que purifica,que refresca, que borra pegadas,que da vida ou a quita,en definitiva,que precisamos para vivir. Por todo isto debemos ser moi responsables no seu consumo e non malgastala. Somos moitos neste Planeta e todos os seres vivos a necesitamos por igual.
A continuación, Fluvi ensinaranos como coidar a auga.
Canal de Youtube Mis amiguitos Elisabet.
E para rematar, xustificaremos o título da entrada cunha  preciosa poesía de Carmen Gil. Se premedes na imaxe accederedes ao seu blogue.
Non esquecemos que hoxe tamén se celebra o Día Mundial da Síndrome de Down.
1 CORAZÓN+SENTIMENTOS= 1 PERSOA.
POLA INCLUSIÓN E A IGUALDADE.

xoves, 21 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA.

Hoxe ,21 de Marzo,celebramos no cole o día da Poesía. Xuntámonos todos na biblioteca e recitamos preciosos poemas con diferentes temáticas: os oficios,a natureza,os animais...E entre recitado e recitado otorgáronse os premios aos participantes nas actividades propostas por Biblo.Para finalizar recibimos un agasallo especial: unha doce piruleta que puxo un punto e final moi azucrado.
A  nosa contribución á festa foi esta produción propia dunha poesía sobre a primavera que ilustramos con  diferentes creracións con materiais diversos. Esta montaxe enviámola ao  Proyecto Colaborativo  Libro Virtual Gloria Fuertes ao apartado Primavera de los poetas.
Agardamos que vos guste.


sábado, 13 de abril de 2024

HAKUNA MATATA.

Imaxe do Audiorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
Xusto antes das vacacións, o xoves 21 de marzo, fómonos todo o cole a Vilagarcía de Arousa. Unha vez alí, no seu auditorio municipal, gozamos da representación de "O Rei León".
O mellor é que o vexades en imaxes.

xoves, 21 de marzo de 2024

xoves, 21 de marzo de 2019

CELEBRACIÓNS VARIAS.

Imaxe atopada en Pixabay. com
Debe ser que xa chegou a primavera e as gañas de festa mutiplícanse. Por iso, o 21 de marzo, aglomera unha cantidade importante de conmemoracións. Imos por partes:
- Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
Cartel atopado na páxina do Concello de Motril
Un  problema este que segue vixente en pleno século XXI. A discriminación racial e étnica é un fenómeno cotiá que abrangue dende  a negación dos principios básicos de igualdade das persoas  ata o convencemento de que unha raza debe ser perseguida. Se clicades no cartel, iredes á páxina ds Nacións Unidas con información sobre o tema.
- Día Mundial do Sídrome de Down.
Lema do ano 2019
Este ano, baixo o lema #A sorte de terte, Dawn España pretende sensibilizar á sociedade e potenciar a inclusión  deste colectivo.  Creo que o vídeo é moi claro e reflicte á perfección o que pretende a campaña.

Obtido no canal de Youtube Down España
-Día Mundial da Poesía.
Imaxe atopada en Pixabay. com
A poesía que nos conmove ou irrita, nos adormece ou nos axita é un xénero pouco visible.Por iso temos un día para ela, para promovela  e gozala o resto da vida. Déixovos uns recursos para a aula (Valen para todo o ano!) da páxina Educación 3.0.
E para rematar un agasallo.
Noutra entrada, máis.
FELICES CELEBRACIÓNS!!!

sábado, 27 de marzo de 2021

O TEATRO DA VIDA.

Imaxe de macrovector en Freepick.es
Dende o ano 1961 celébrase o Día Mundial do Teatro para dar a coñecer a súa representatividade cultural a nivel mundial.