sábado, 13 de abril de 2024

HAKUNA MATATA.

Imaxe do Audiorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
Xusto antes das vacacións, o xoves 21 de marzo, fómonos todo o cole a Vilagarcía de Arousa. Unha vez alí, no seu auditorio municipal, gozamos da representación de "O Rei León".
O mellor é que o vexades en imaxes.
Montaxes realizadas con Canva.com
Foi unha saída ben bonita. Pasámolo xenial e resultou ser un moi bo comezo das vacacións. Quedámonos con ese recordo para enfrontar o terceiro trimestre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario