Seguimos coas conmemoracións de marzo e hoxe tócanos o Día Mundial da Auga. Para celebrar esta data, botaremos man da música e a lectura.
As recomendacións lectoras chégannos de parte de a Editorial SM e
a música ven voando polas ondas na voz de Marcelo Serralva, que interpreta "Água". Non é no noso idioma pero a música é universal. Recoñecedes a lingua?
Vídeo obtido no canal de Youtube de Malamalenga.
Deixovos tamén un caderno sobre o Ciclo da Auga que aparece en Imágenes Educativas pero
non esquezades os recursos compartidos en anos anteriores
Recordade sempre a importancia deste ben escaso que debemos coidar e aforrar para que todos/as o poidamos gozar.
O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía e o 22, o Día Mundial da Auga. Así que este ano toca entrada conxunta. Resulta que ambas datas resaltan elementos imprescindibles para os seres humanos, en diferentes dimensións, pero necesarias na vida.
Imaxe obtida en cultura.elpais.com
A poesía, alimento da alma e transmisora de sentimentos, envólvenos diariamente nos milagres cotiás que temos a sorte de gozar: un amencer, un arco da vella no ceo,unha nova vida...
Pois como non só necesitamos sustento para o corpo , aquí vos deixo un par de exemplos de poesías que espero que vos gusten.
Imaxes obtidas de Docentes para el fomento de la Lectura.
Imaxe de Pamela Gómez.
Auga que purifica,que refresca, que borra pegadas,que da vida ou a quita,en definitiva,que precisamos para vivir. Por todo isto debemos ser moi responsables no seu consumo e non malgastala. Somos moitos neste Planeta e todos os seres vivos a necesitamos por igual.
A continuación, Fluvi ensinaranos como coidar a auga.
Canal de Youtube Mis amiguitos Elisabet.
E para rematar, xustificaremos o título da entrada cunha preciosa poesía de Carmen Gil. Se premedes na imaxe accederedes ao seu blogue.
Non esquecemos que hoxe tamén se celebra o Día Mundial da Síndrome de Down.
No Tema 9 de CM estamos aprendendo cousas moi interesantes sobre a auga.Aqui vos deixo un vídeo resumo que atopei nun blogue chamado Los PEQUES de Primaria: