sábado, 2 de decembro de 2023

EN DECEMBRO...

Imaxe de Julita en Pixabay.com
Comezou o mes de decembro e con el o furor do Nadal. Polo tanto todo o mundo "on" en panxoliñas e adobíos varios. Que non se diga que non somos de festa!
No mes de decembro naceu... Olimpia Valencia López en Baltar (Ourense). Concretamente veu ao mundo un 14 de decembro de 1898 e convertiríase na primeira muller galega en obter a licenciatura de Medicina. Se queredes saber máis cousas sobre ela visitade a páxina  de Mujeres con Ciencia.
Sobre a súa vida e traballo hai unha unidade didáctica que podedes descargar se premedes na imaxe inferior.
Consultade agora as efemérides deste mes que están recollidas abaixo.
Montaxe realizada con Pizap.com

2 comentarios: