Montaxe creada con Canva.com
Parece que o sol agroma e quere chamar pola primavera que está pronta a chegar. Mentres tanto nós seguimos cos "Tesouros verdes de Galicia".
A planta escollidada para este mes é... O NARCISO (AMARELLE). É unha flor silvestre moi bonita que podemos atopar en prados, montes e xardíns. Florece na primavera e chama moito a atención pola súa cor amarela, aínda que tamén os hai brancos ou salmón.
Como é?
O narciso é unha planta pequena. Ten follas longas e finas, de cor verde.
A súa flor é xeralmente amarela, con forma de trompeta, e medra sobre un talo longo.
Nace dun bulbo que está debaixo da terra.
Os seus froitos
O narciso ten uns froitos pequenos que conteñen sementes.
Cando a flor se seca, fórmase o froito, e así a planta pode reproducirse.
Para que serve?
Seve para decorar xardíns e espazos naturais.
Tamén é importante para a natureza, porque anuncia a chegada da primavera.
É unha planta velenosa, así que non se debe tocar nin comer.
Curiosidades
É unha das primeiras flores que aparecen na primavera.
O seu nome vén dun personaxe da mitoloxía chamado Narciso.
Aínda que é moi bonito, non cheira moito.
Averigua máis aquí.

Ningún comentario:
Publicar un comentario