venres, 1 de marzo de 2024

EN MARZO...

Imaxe de Anja en Piaxabay.com
Xa  estamos en marzo e parece que a primavera se resiste a visitarnos. Nós, por iso, non nos imos botar atrás; celebaremos con ledicia todo o que este mes nos queira agasallar.Pero antes, como ven sendo habitual, descubramos a artista do mes.
No mes de marzo naceu... Carmen Pura Vázquez Iglesias. Coñecida como Pura Vázquez esta escritora ourensana naceu o 31 de marzo de 1918. Se queredes saber máis sobre ela consultade a súa biofrafía en Mujeres literatas.
Na serie "Aprende coas mulleres galegas" da Consellería de Emprego e Igualdade, hai unha unidade didáctica sobre a nosa autora.
Agora accedede  ás efemérides do mes de marzo premendo na imaxe inferior.
Montaxe realizada con Pizap.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario