Montaxe creada en Canva.com
Botabades de menos as efemérides? Pois xa están de volta!
Nesta ocasión ímolas relacionar con plantas autóctonas de Galicia e moi pronto vos contaremos o por que desta decisión. Para acceder a elas premede na folla do calendario.
Para a estrea do mes de outubro falaremos do... CARBALLO, o xigante do monte galego.
O carballo é unha das árbores máis importantes de Galicia. O seu nome científico é Quercus robur. É moi especial porque pode vivir moitos anos, mesmo centos!
Como é o carballo?
- Ten un tronco groso e forte.
-
As follas son verdes, con bordes ondulados.
-
No outono caen as follas e medran outras novas na primavera.
Os seus froitos: as landras.
O carballo dá uns froitos chamados landras. Serven de alimento para moitos animais: xabarís, esquíos ou paxaros.
Para que serve o carballo?
-
Dá sombra no verán.
-
A madeira é dura e usábase para facer barcos e mobles.
-
É a casa de moitos animais e insectos.
Curiosidade
En Galicia, o carballo é un símbolo de forza e sabedoría. Moitos contos e lendas galegas falan desta árbore.
Podedes obter máis información desta árbore aquí.
FELIZ MES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario