Cartel creado por Blanca de Actividades de Educación Infantil
Cada 15 de setembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Punto (International Dot Day), unha xornada inspirada no conto ilustrado "O punto" de Peter H. Reynolds. A historia fala de Vashti, unha nena que pensaba que non sabía debuxar ata que un día, animada pola súa mestra, fixo un pequeno punto nun papel. A partir de aí, descubriu todo o potencial da súa creatividade.
Este día convídanos a crer nas nosas capacidades, a perder o medo ao erro e a experimentar con liberdade. O punto convértese nun símbolo: algo pequeno que pode medrar e transformarse en algo grande cando o facemos con ilusión e confianza.
Na nosa aula se 1º decidimos crear uns puntos sobre unha base sin consignas, con liberdade de realización.
Este foi o resultado final: un mural.Montaxes realizadas con Canva.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario