Cartel da aula
Primeiro xuntámonos no salón de actos, onde nos recibiron cun gran sorriso. Despois cada un marchou á súa clase… e aí empezou a aventura!
Para saber en que sitio tiñamos que sentarnos, non había cadeiras nin mesas con nomes… había unha sopa de letras máxica! Tiñamos que buscar o noso nome escondido entre un montón de letras. Cando o atopamos, sabíamos cal era o noso lugar. Foi como resolver un misterio!
Montaxe creada con canva.com
Unha vez no noso sitio,esperábanos unha benvida ao curso personalizada! Que ilusión haber chegado ata aquí!
Exemplo da plantilla
A profe utilizou unha plantilla de Canva que atopou no blogue RECURSOSEP. Quedaron preciosas e gustáronnos un montón!
Preme na imaxe para acceder ao recurso.
Este só foi o comezo, pero xa podemos dicir que o curso promete. Seguiremos informando deste día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario